PROVAS, EXORCISMOS

17 DIC.
21.30h.
Teatro Principal

PROVAS, EXORCISMOS

Portugal | 2015 | 25′ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Susana Nobre. Guión/Script: Susana Nobre. Fotografía/Cinematography: Paulo Menezes. Montaxe/Editing: Francisco Moreira. Son/Sound: António Pedro Figueiredo e João Gazua. Intérpretes/Cast: Óscar Santos, Bruno Pereira, Joana Ferreira, Joaquim Calçada, João Amaro, Susana Gonçalves, António Paula Mário, Rui Henrique, Bonacho Silvino, José Marques, Victor Lopes, José Nunes. Produción/Production: João Matos. Produtora/Production Company: Terratreme Filmes.

Terratreme Filmes

Campo Grande, 111, 1700-089 Lisboa, Portugal

nevena.desivojevic@terratreme.pt | www.terratreme.pt

Un tren pasa polo pobo de Alhandra, entre os cerros e o río. Óscar, que leva vinte e cinco dos seus corenta e oito anos traballando na mesma fábrica, está á espera da sentenza xudicial sobre a demanda de insolvencia do seu patrón. Coa produción paralizada e os salarios atrasados, Óscar e os seus compañeiros de traballo continúan aparecendo todos os días para traballar, coa esperanza de manter os seus empregos.

Susana Nobre (1974, Lisboa, Portugal) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Fixo un curso de Realización de Cinema coa colaboración da The London Film School, no ámbito do Programa de Creatividade e Creación Artística da Fundación Calouste Gulbenkian. Pertence á produtora Terratreme desde 2006 donde realizou os filmes No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 dentro de No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode um rosto (2003). O seus filmes exhibironse en numerosos festivais internacionais como a Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), Rotterdam, Angers, Viennale, Vila do Conde, Montevideo, Rio de Janeiro, etc. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha e Pedro Peralta, entre outros. Actualmente está na fase de posprodución da súa nova longametraxe, Cidade Rabat.

FESTIVALES

Caminhos do Cinema Português 2015. Honoroble Mention of the Jury

Festival International du Film D’amiens 2015. Prix Spéciaux

34º Festival Cinematográfico Int. do Uruguay 2016. Best Internacional Short Film

Festafilm Festival du Cinéma Lusophone et Francophone, 2016. Best Script

Brazilian International Labour Film Festival / Mostra Cinetrabalho, 2017. Prize Trabalhadores do Mundo