Xurado Internacional

ANA ISABEL STRINDBERG
Licenciouse en Literatura e Lingüística pola Universidade da Sorbona e en Historia da arte pola Escola do Louvre. Compaxinou os seus estudos co traballo de xornalista e crítica de arte. En 1997, trasladouse a Lisboa. Ese mesmo ano coñece ao cienasta João César Monteiro, co que traballou durante oito anos como axudante de dirección.
Foi coordinadora de programación dos Econtros Internacionais de Cinema Documental da Malaposta, e directora e programadora de Doclisboa, Festival Internacional de cinema documental de Lisboa (2004/09). Foi membro do equipo directivo de Apordoc, Asociación de documental portugués (2005 – 2007) e do consello editorial de Docs.pt. Exerceu como xurado e programadora en varios festivais internacionais de cinema. Foi programadora de cinema no Centro Cultural Malaposta (2000 – 2015) e ná actualidade é programadora en Indielisboa, Festival Internacional de Cinema Independente e directora de Portugal Film, a axencia que promove o cine portugués internacionalmente.

JONÁS TRUEBA
Naceu en Madrid en 1981. Escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi nomeado ao Goya ao Mellor Director Revelación, e Los ilusos (2013), que obtivo moi boa acollida por parte de crítica e público, ademais dun longo percorrido por festivais internacionais. Tamén é autor da mediometraxe, Miniaturas (2011), e foi coguionista das películas Más pena que Gloria (2000) e Vete de mí (2005), ambas as dirixidas por Víctor García León, y El baile de la Victoria (2009) dirixida por Fernando Trueba, pola que foi nomeado ao Goya ao Mellor Guión Adaptado. É autor do libro “Las ilusiones” (editorial Periférica) e colabora en diversos medios de comunicación e escribe sobre cinema no blogue de El Mundo (El viento sopla donde quiere). Compaxina o seu traballo como director coa docencia; tamén realizou os videoclips La gran broma final, de Nacho Vegas, o Balada Baladí, de El Hijo. Actualmente atópase finalizando a súa cuarta longametraxe, La reconquista.

DIANA TOUCEDO
Diana Toucedo é unha cineasta e montadora galega residente en Barcelona. Entre os seus traballos como editora destaca a longametraxe documental La noche que no acaba do director Isaki Lacuesta, ou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia. Tamén editou Bugarach de Nanouk Films en coprodución con Filmtank (Alemaña), premiado en múltiples festivais. Como directora realizou varias curtametraxes documentais e experimentais mostradas en festivais de cinema e centros artísticos. Dirixiu unha longametraxe documental, En todas as mans, e na actualmente traballa na postprodución da súa próxima longametraxe, Trinta lumes. Tamén é docente na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade Autónoma de Barcelona e na ESCAC.