Risttuules

Risttuules

No vento cruzado

29 Xuño | 22:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA

.

14 de Xuño de 1941. Erna, felizmente casada e nai dunha nena, é enviada a Siberia. Para ela, alí o tempo acada outra dimensión. Na súa loita contra a fame, a humillación e unhas condicións infrahumanas, Erna atopa certo grao de liberdade nas cartas que envía ao seu home, confinado nun campo de prisioneiros.


 

.

Estonia | 2014 | 90’ | BN | DCP

Dirección: Martti Helde. Guión: Martti Helde, Liis Nimik. Fotografía: Erik Põllumaa. Montaxe: Liis Nimik, Tanel Toomsalu. Música: Pärt Uusberg. Son: Janne Laine. Intérpretes: Laura Peterson, Tarmo Song, Mirt Preegel, Ingrid Isotamm, Einar Hillep. Produción: Pille Rünk, Sergei Serpuhov, Piret Tibbo-Hudgins, Helen Vinogradov. Produtora: Allfilm, Baltic Pine FilmsContacto: Pluto Film Distribution.

.

Festivais:

Festival internacional de Warsaw 2014. Premio do Xurado Ecuménico.
Festival internacional de Beijing 2015. Premio ao Mellor Director.
Festival International de Cinema de Tarragona 2015. Premio do Público.


.

Martti Helde naceu en Tallin e licenciouse na Balti Filmi, Meedia, Kunstide ja Kommunikatsiooni Instituut desa universidade. Actualmente é docente na Academia Estona de Música e Teatro. Os seus proxectos recibiron numerosos galardóns. Realizou as curtametraxes Päev, mil ma kasvasin (2008) e Külm on (2010), e numerosos vídeos publicitarios. Risttuules (2014) é o seu debut na longametraxe.