Lu bian ye can

Lu Bian Ye Can (Kaili Blues)

Mención Especial do Xurado

.

Nunha pequena clínica da neboenta e exótica cidade de Kaili, na provincia subtropical de Guizhou, dous doutores viven como fantasmas. Un deles, Chen Sheng, quere cumprir o último desexo da súa nai falecida e inicia unha viaxe en tren coa finalidade de atopar ao seu sobriño, abandonado polo seu irmán.


 

.

China | 2015 | 113’ | Cor | DCP

Dirección: Gan Bi. Guión: Gan Bi. Fotografía: Tianxing Wang. Montaxe: Yanan Qin. Música: Giong Lim. Son: Kai Liang. Intérpretes: Yongzhong Chen, Yue Guo, Linyan Liu, Feiyang Luo, Lixun Xie. Produción: Jianguo Ding, Zijian Wang, Shen Yang, Li Zhaoyu, Shan Zonglong. Produtora: China Film (Shanghai) International Media Co., Blackfin (Beijing) Culture & Media Co. (presents), Heaven Pictures (Beijing) The Movies Co. Contacto: China Film International.

Bi Gan, é un xoven poeta e cineasta que naceu en Kaili, provincia de Guizhou, China en 1989. No ano 2013 o seu traballo, Diamond Sutra, obtivo unha Mención Especial na categoría Asian New Force da 19ª edición do IFVA (Hong Kong). Kaili Blues e a súa primeira longametraxe. Actualmente Bi Gan está traballando no seu segundo filme.

.

Festivais:

Festival de Locarno 2015. Premio ao Mellor Realizador Emerxente e Mención Especial do Xurado.
Festival dos 3 Continentes. Montgolfier de Ouro.
16º Festival Internacional das Palmas de Gran Canaria. Lady Harimaguada de Ouro á Mellor Longametraxe.


.

Bi Gan é un poeta e cineasta novo que naceu en Kaili, provincia de Guizhou, China en 1989. No ano 2013 o seu traballo, Diamond Sutra, obtivo unha Mención Especial na categoría Asian New Force da 19a edición do IFVA (Hong Kong). Kaili Blues é a súa primeira longametraxe. Actualmente Bi Gan está a traballar no seu segundo filme.