Dead slow ahead

Dead slow ahead

 

30 Xuño | 22:00h | Teatro Principal 

.

Un cargueiro atravesa o océano. O ritmo hipnótico das súas engrenaxes revela o continuo movemento dunha maquinaria que devora aos seus traballadores. Son os últimos xestos dun vello oficio, o dos mariñeiros, que se extingue baixo o ritmo autómata do século XXI. Quizais se trate dunha nave á deriva, ou do último exemplar dunha especie en extinción cos seus motores virando, imparables.


.

España, Francia | 2015 | 74’ | Cor | DCP

Dirección: Mauro Herce. Guión: Mauro Herce, Manuel Muñoz Rivas. Fotografía: Mauro Herce. Montaxe: Manuel Muñoz Rivas. Son: Daniel Fernández, Alejandro Castillo, Manuel Muñoz Rivas, Carlos E. García, José M. Berenguer. Produción: Jose Alayón, Ventura Durall, Mauro Herce. Produtora: El Viaje Films, Nanouk Films, Bocalupo Films. Distribución: Cine Binario.

.

Festivais:

Festival de Cine de Locarno 2015. Premio Especial do Xurado.
Festival de Cine Internacional de Jilhava 2015. Premio ao Mellor Documental.
DocLisboa 2015. Premio á Mellor Ópera Prima e Premio do Xurado Universitario.


.

Mauro Herce naceu en Barcelona en 1976. Licenciado en enxeñería e Belas Artes, estudou na Escola Internacional de Cine e TV en San Antonio de los Baños (Cuba) e na École nationale Supérieure Louis- Lumière (París). Comezou a súa carreira cinematográfica exercendo de director de fotografía e guionista en filmes como Arraianos (2012), O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (2013) ou Slimane (2013). Dead Slow Ahead é a súa primeira longametraxe coma director.