Baden Baden
30 Xuño | 19:30h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
Tras perder o traballo nunha rodaxe no estranxeiro, Ana, de 26 anos, volve a Estrasburgo, a súa cidade natal. Ao longo dun verán canicular, Ana quere substituír a bañeira da súa avoa por un prato de ducha, conduce un Porsche, recolle ameixas, durme co seu mellor amigo e volta co seu ex.
Bélxica, Francia | 2016 | 96’ | Cor | DCP
Dirección: Rachel Lang. Guión: Rachel Lang. Fotografía: Fiona Braillon. Montaxe: Sophie Vercruysse. Son: Aline Huber. Música: Wim Coryn. Intérpretes: Salomé Richard, Claude Gensac, Lazare Gousseau, Swann Arlaud, Olivier Chantreau. Produción: Valérie Bournonville, Pierre-Louis Cassou, Jeremy Forni. Produtora: Tarantula, Cheval Deux Trois, Radio Télévision Belge Francophone (RTBF). Contacto: Jour2fête.
Festivais:
Indie Lisboa 2016
Foro do Festival Internacional de Cine de Berlín 2016
Crossing Europe 2016. Premio ex aequo á Mellor Película de Ficción.
Rachel Lang naceu en Estrasburgo en 1984. Tras simultanear estudos de filosofía na universidade Marc Bloch con dous anos de arte dramático na Academia de Estrasburgo, ingresa na IAD Film School de Lovaina. A súa curtametraxe de graduación, Pour toi je ferai bataille (2010), gañou o Leopardo de Prata no Festival de Locarno 2011. Les navets blancs empêchent de dormir (2011) é a segunda parte dunha triloxía. Baden Baden é a súa primeira longametraxe.