Sección Oficial

Unha das principais finalidades de Novos Cinemas é detectar, difundir e promover o talento dos cineastas que dan os primeiros pasos neste mundo. Por este motivo, a Sección Oficial focaliza a súa atención nas primeiras e segundas longametraxes.

Co obxectivo de dar cabida ás propostas máis novas e suxerintes, o certame non fai distincións nin sobre a natureza das películas nin sobre a súa procedencia xeográfica.

Os nove filmes en competición representan a diversidade e riqueza estética que caracteriza ao cinema internacional máis actual.