Tren de sombras

Tren de sombras

 

01 Xullo | 17:00h | Teatro Principal 

España | 1997 | 88’ | Cor-BN | DCP

Dirección: José Luis Guerin. Guión: José Luis Guerin. Fotografía: Tomás Pladevall. Montaxe: Manel Almiñana. Son: David Calleja. Música: Albert Bover. Intérpretes: Jessica Andrieu, Anne Céline Auche, Juliette Gautier, Hortense Fleury, Marc Montserrat. Produción: Héctor Faver, Pere Portabella. Produtora: Films 59, Grupo Cine, Arte Institut del Cinema Català (ICC).

 

Tren de sombras constrúese sobre unha orixinal premisa: setenta anos despois da extraña morte de Gérard Fleury, avogado parisino, pai de familia e cineasta afeccionado, atópanse varias bobinas que conteñen algunhas das súas películas familiares. Un cineasta comeza a súa restauración mentras tenta esclarecer un misterio oculto polo tempo.