En diálogo. De JLG a …

En diálogo. De JLG a …

 

29 Xuño | 17:00h | Teatro Principal

 

Unha sesión especial na que o autor de En construcción guiará aos asistentes nun percorrido ao longo de tres décadas de traballo; dende a poética curta de mocidade, Souvenir (1986), filmando os ceos de París baixo o influxo de Jean Renoir, ata unha recentísima peza-retrato sobre Chantal Akerman, Chantal Sept. 2008 (2016), vitalista homenaxe á cineasta belga feita a partires de metraxe do filme Guest.

Un recordo ao que se suma Novos Cinemas programando o primeiro filme de Akerman, Saute ma ville (1968).