+Novos

Crear novas olladas para novos cinemas. Ese é un dos compromisos de Novos Cinemas e como resultado nace esta sección. Cunha programación esixente e un discurso adaptado, achegamos a arte cinematográfica aos espectadores noveis.

Cinema de autor feito por rapaces de primaria e secundaria, a recuperación dun clásico incuestionable do cinema infantil e unha das comedias de adolescentes máis sorprendentes da tempada, conforman o programa +Novos da Edición 01.