Los exiliados románticos

Los exiliados románticos + TULSA EN CONCERTO

Os exiliados románticos

02 Xullo | 23:00h | Praza da Pedreira

.

Tres amigos, unha furgoneta e a decisión de emprender unha viaxe polas cidades do exilio español en Francia. Polo camiño algúns reencontros románticos, amores efémeros como unha canción pop e, se cadra, algún que outro pequeno xesto de madurez. Unha película dirixida “sobre a marcha” por Jonás Trueba. Cinema de verán, lixeiro e vivo, para gozar baixo as estrelas co acompañamento da actuación especial de Tulsa, creadora da banda sonora do filme.


 

.

España | 2015 | 70’ | Color | Blu-ray

Dirección: Jonás Trueba. Guión: Jonás Trueba. Fotografía: Santiago Racaj. Montaxe: Marta Velasco. Son: Eduardo G. Castro. Música: Tulsa. Intérpretes: Vito Sanz, Renata Antonante, Francesco Carril, Isabelle Stoffel, Luis E. Parés. Produción: Javier Lafuente, Lorena Hernández Tudela. Produtora: Los Ilusos Films.


 

Jonás Trueba (Madrid, 1981) escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mi (2010), pola que foi nomeado ao Goya ao Mellor Director Revelación, Los ilusos (2013) e Los exiliados románticos, filmes de longo percorrido por festivais internacionais. Co-escribiu guións para Víctor García León e Fernando Trueba e realizou os vídeoclips La gran broma final, de Nacho Vegas, ou Balada Baladí de El Hijo. Compaxina o seu traballo como director coa escritura (Las ilusiones) e a docencia. Actualmente acópase finalizando a súa cuarta longametraxe, La reconquista.