Esa sensación

Esa sensación

 

01 Xullo | 23:00h | Praza da Pedreira

.

Nesta orixinal comedia, os directores contan tres historias: unha muller que se excita con obxectos inanimados (un parquímetro, unha ponte metálica); un home que segue ao seu pai para descubrir o seu segredo; e unha parella de amigos que parecen afectados por un virus e cambian o seu comportamento sen saber por que.

Os relatos, que a primeira vista teñen pouco en común, parten dunha mesma premisa: os seus protagonistas experimentan unha sensación inesperada e lixeiramente aditiva. Esta enigmática experiencia afástaos da súa rutina diaria e lévaos a reflexionar sobre o amor, a fe e a vontade.


 

.

España | 2016 | 79’ | Color | Blu-ray

Dirección: Juan Cavestany, Julián Génisson, Pablo Hernando. Guión: Juan Cavestany, Julián Génisson, Pablo Hernando. Fotografía: Juan Cavestany, Pablo Hernando, Julián Génisson. Montaxe: Raúl de Torres. Son: Juan Luis Cordero.  Música: Aaron Rux. Intérpretes: José Luis Alcobendas, Julián Génisson, Lorena Iglesias, Miquel Insua, Carmela Lloret. Produción: Juan Cavestany.

 


 

Juan Cavestany (1967) é guionista, director de cine e dramaturgo (Premio Max polo libreto de Urtain en 2008). Dirixiu os filmes Gente de mala calidad (2008), Dispongo de barcos (2010) e Gente en sitios (2013).

Julián Génisson (1982) é un dos fundadores do grupo Canodromo Abandonado. En 2013 produce, escrebe e dirixe a súa primeira longametraxe La tumba de Bruce Lee.

Pablo Hernando (1986) no ano 2008 dirixiu a súa primeira curtametraxe Soy de trapo. A súa segunda longametraxe, Berserker (2015), protagonizada por Julián Génisson, recibiu o Premio das Novas Olas no Festival Internacional de Cine de Sevilla.