OS ENTES – OBRADOIRO DE REALIZACIÓN E DIRECCIÓN DE ARTE

  • Xoves 16 e Venres 17 de Decembro
  • Horario: 17.00h a 20.00h
  • Número de prazas: 10
  • Duración: 6 horas
  • Facultade de Belas Artes de Pontevedra
  • Público Xeral: 30 Euros
  • Estudantes: 15 Euros
  • É necesario adxuntar o xustificante de pago.
  • Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: Obradoiro Os Entes.

Novos Cinemas e a ECAM suman forzas para desenvolver o obradoiro “Os entes”, impartido por Chema García Ibarra e Leo Díaz, que traballa con el nos seus proxectos dende a dirección de arte. A formación terá lugar o xoves 16 e o venres 17 de decembro na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e contará con 10 prazas con descontos para o estudantado na inscrición.

Nel analizarase a posición que ocupa todo o que está diante da cámara -xa sexa téxtil ou humano-. Os dous porán o foco en que as cortinas e as persoas reciben a mesma atención á hora de compoñer as imaxes, unha cunca pode narrar o mesmo que varios diálogos e unha gorra ter valor dramático. O proceso de selección de persoas e o proceso de selección de mobles e indumentarias son paralelos e sinérxicos. Leonor Díaz (dirección artística e vestiario) e Chema García Ibarra (guión e dirección) falarán deses procesos conxuntos a partir das súas películas e mostrarán que, para eles, todo o que se coloca ante o obxectivo é un ente que merece o mesmo nivel de atención, agarimo e respecto.

FICHA DE INSCRICIÓN

[contact-form-7 404 "Not Found"]

Chema García dirixiu e escribiu El ataque de los robots de Nebulosa-5 (2009), Protopartículas (2010), Misterio (2013), Uranes (2014)… todas elas películas de ciencia ficción doméstica realizadas sen actores profesionais. As súas obras foron seleccionadas en festivais como a Quincena de Realizadores de Cannes, Sundance, Berlinale, San Sebastián, Rotterdam ou  BAFICI. Entre os máis de 200 premios recibidos polas súas películas, destacan dúas Mencións de Honra en Sundance, unha Mención Especial do Xurado en San Sebastián e o Premio da Competición Vangarda e Xénero de BAFICI. Desde 2015 imparte a materia “Anti- filmmaking” na Diplomatura de Cine Documental da  ECAM. Espíritu Sagrado, a súa primeira longametraxe, estreouse no Concurso Internacional do Festival de Locarno.

Leonor Díaz Esteve é unha directora de arte e diseñadora de vestiario nacida en Elxe (Alacante). Traballou nos labores de dirección artística e diseño de vestiario en todas a películas de Chema García Ibarra, así como en proxectos doutros directores como David  Pantaleón (Rendir los machos) ou Velasco  Broca. O seu labor na curtametraxe Misterio foi galardoada cos premios á Mellor Dirección  Artística en ALCINE (Alcalá de Henares), á Mellor Dirección Artística e ao Mellor Vestiario no Festival Cinepropio (Madrid) e á Mellor  Dirección  Artística no Festival de Cinema de Xetafe. En 2017 gañou o Premio ao Mellor Vestiario na Semana de Cinema de Medina del Campo por La disco resplandece. Traballou  en  videoclips para grupos como Klaus & kinski, Laverca Bentley, Parade ou Templeton.

CATEGORÍAS