Los Hongos

Los Hongos

 

29 Maio 2016 | 19:00h | Sala Ingrávida do Porriño – Sesión en Colaboración co Cineclube Birollo

5 Abril 2016 | 20:15h | Teatro Principal de Pontevedra – Sesión en Colaboración co Cineclube de Pontevedra

103’ | 2014 | COL
Dir.: Óscar Ruiz Navia
Contravía Films

Cada noite despois do seu traballo na construción, Ras pinta grafitis en distintos muros do seu barrio ao leste de Cali. Aínda non durmiu e xa soña esperto. Un día perde o seu traballo por roubar uns baldes de pintura que empregaba para facer un gran mural. Sen un can no peto, cruza a cidade para xuntarse con Calvin, outro mozo grafiteiro que estuda Belas Artes e coida da súa avoa. Os dous percorrerán ao pairo a cidade e no camiño, coma dous fungos, contaminarán o seu contorno de inmensa liberdade.

 

FESTIVAIS

Festival de Locarno, 2014. (Premio Especial do Xurado)
IFF Rotterdam (Premio del Público)
SEFF Sevilla (Mención Especial Las Nuevas Olas)
REC Tarragona (Premio Mellor Ópera Prima; Premio do Xurado Novo; Mención Especial Xurado da Crítica)
TIFF Toronto
Viennale
Tokyo International Film Festival
New Directors / New Films

 

ÓSCAR RUIZ NAVIA | CALI, COLOMBIA | 1982

Realizou seis curtametraxes e fundou en 2006 Contravía Films, unha produtora independente a través da que saca adiante proxectos de novos talentos e os seus propios traballos. A súa primeira longametraxe, “El vuelco del cangrejo”, recibiu o Premio FIPRESCI no Forum da Berlinale en 2010 antes de ser seleccionado e premiado en varios festivais internacionais.

En 2013 é convidado polo artista danés Olafur Eliasson a realizar a curtametraxe “Solecito”, tamén seleccionado na Quinzaine des Réalisateurs. “Los Hongos”, a súa segunda longametraxe como realizador, foi realizado co apoio do Torino Film Lab, BAFICI BAL, Résidence Cinéfondation do Festival de Cannes e a Berlinale World Cinema Fund, entre outros. Actualmente prepara a súa terceira longametraxe, “Epifanía”, en colaboración coa realizadora sueca Anna Eborn.

 


Filmografía escollida: El vuelo del cangrejo (2009), Solecito (2013, curta.)

Folla de sala [PDF]