OBRADOIRO CON HELENA GIRÓN e SAMUEL M. DELGADO

O BÁSICO

Duración:24 h presencias e titorías en liña.
Número de sesións: catro.
Datas: 07 de outubro / 24 de outubro / 28 de novembro / 13 de decembro
Horario: de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.
Espazo: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra)

REQUISITOS

// Ser estudante da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra e ademais todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2021/2022 (grao, master, doutoramento), no Campus de Pontevedra.
// Ter coñecementos básicos de gravación de vídeo e de son.
// Dispoñer dun ordenador portátil e dun programa de edición de vídeo (Premiere, Final Cut, Da Vinci, etc.).
// Adaptarse ao traballo nunha contorna colectiva.

PROGRAMA DO OBRADOIRO

7 de outubro
Conceptos básicos e fontes estéticas
Horario: 10h-14h e 16h-20h

24 de outubro
Primeiro visionado e análise de proxectos
Horario: 10h-14h e 16h-20h

28 de novembro
Revisión dos proxectos e asesoramento cara unha montaxe final
Horario: 10h-14h e 16h-20h

Martes 13 de decembro
Presentación e exhibición pública das pezas realizadas na sesión inaugural da Edición 07 de Novos Cinemas

Como vibracións a través do espazo.

Así poderíanse definir algunhas das películas que nos tocan e atravesan. Películas nas que a narración e a experiencia conviven afectándose mutuamente, intentando ofrecernos novos vieiros e perspectivas sobre o que nos rodea. Durante o tempo que dure o obradoiro, e mediante a constante interacción entre práctica e teoría, exploraremos fontes que aborden o cinema desde unha perspectiva ampla e heterodoxa, e nas que a linguaxe asociativa e a sensorialidade xoguen un papel relevante.

Para acadar o maior grao de operatividade, profundaremos nos aspectos que motivan cada proposta intentando intuír cal podería ser a súa (posible) forma e cales as metodoloxías máis axeitadas a implementar en cada caso. Partindo da divisa de que imaxe e son imantan e estruturan a creación cinematográfica, o alumnado explorará diversas vías de interacción e relación entre ambos e escollerá as máis acordes aos seus obxectivos.
Neste contexto, dez estudantes desenvolverán proxectos individuais de curtametraxes que se conformarán ao longo das distintas etapas que estruturarán este obradoiro.

– Na primeira sesión formularase un contexto que favoreza a inmersión e a inspiración estético-temática do alumnado. O obxectivo desta sesión será que cada participante descubra “modelos” de expresión cinematográfica que estimulen tanto a xénese da súa proposta (a idea motriz), como a súa conseguinte formalización.

– Na segunda sesión, promoverase un primeiro visionado dos filmes, que estarán no ecuador do seu proceso creativo, co obxectivo de asesorar de xeito pormenorizado cada proxecto e promover así o seu mellor desenvolvemento.

– Na terceira e na última das sesións, seguiremos traballando con cada proxecto, ultimando detalles, cara a súa montaxe final e posterior exhibición pública na sesión inaugural da Edición 07 de Novos Cinemas.

FICHA DE INSCRICIÓN



Currículo abreviado (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

Peza audiovisual -duración máxima de 5 minutos- de autoría propia que denote unha sensibilidade acorde aos obxectivos do obradoiro.




Certifico que a información proporcionada é correcta e estou de acordo co reglamento de NOVOS CINEMAS.

// O equipo de Novos Cinemas seleccionará dez aspirantes.

O período de selección terá lugar entre os días 22 setembro e 03 de outubro. O 04 de outubro publicarase a listaxe das persoas seleccionadas (consultar novoscinemas.com).

O equipo de Novos Cinemas contactará coas persoas seleccionadas. Entre O4 e o 05 de outubro , cada estudante deberán confirmar a súa participación vía correo electrónico (co asunto: OBRADOIRO DE CINEMA CON HELENA GIRÓN e SAMUEL M. DELGADO) ao seguinte enderezo info@novoscinemas.com (achegando os seguintes datos: nome e apelidos, grao e curso e copia dixital do DNI).

* Tras a selección, o estudantado comprométese formalmente a asistir a todas as sesións presenciais do obradoiro e a cumprir cos requisitos establecidos para este. No caso de incumprir algún deses preceptos, o alumno ou alumna perderá, automaticamente, a súa condición de bolseiro ou bolseira.
*O calendario do obradoiro pode sufrir cambios.

Helena Girón e Samuel M. Delgado

Licenciados en Comunicación Audiovisual e no Máster de Guión de Cine e TV da Universidad Carlos III de Madrid, os cineastas, investigadores, docentes e artistas audiovisuais Helena Girón e Samuel Delgado evidencian as relacións que se establecen entre mitoloxía, historia e materialismo. As súas curtametraxes –Plus Ultra, Montañas ardientes que vomitan fuego, Sin Dios ni Santa María… – exhibíronse en festivais internacionais como Toronto, Locarno, Nueva York, Ann Arbor etc. obtendo galardóns no Festival des Cinémas Différents, no Media City Film Festival, no Festival das Palmas de Gran Canaria entre outros.

No eido da videoinstalación e a performance, idearon propostas para prestixiosos centros de arte contemporáneo como o CCCB (Barcelona), BAM (Nueva York), TEA (Tenerife) ou Solar (Vila do Conde). A súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), estreouse mundialmente na Biennale de Cinema (Venecia), obtendo premios neste festival, en Zinemaldia (Festival Internacional de Cine de San Sebastián) ou en Novos Cinemas (Pontevedra) entre outros. Posteriormente, o filme exhibiuse en prestixiosos certames como o de Rotterdam, El Cairo, Mar del Plata, Viennale, Hamburgo ou São Paulo.

Desde hai varios anos, Helena e Samuel desenvolven tarefas docentes na ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de Madrid), na EQZE (Elías Querejeta Zine Eskola, San Sebastián) e no IFIC (Instituto de Formación e Investigación Cinematográfica, Tenerife).

FILMOGRAFÍA

Eles transportan a morte
España | 2021 | 75’ | 16mm | 1:85 | 5.1

Irmandade
España | 2019 | 9’05” | Microfilme de 35mm e 16mm película caducada negativo cor revelada artesanalmente | Chanfaina Lab 2018

Plus Ultra
España | 2017 | 13’ | Super 16mm e 16mm película caducada negativo cor revelada artesanalmente

Montañas ardientes que vomitan fuego
España | 2016 | 13’ 36’’ | 16mm negativo cor revelado artesanalmente e D-Cinema

Sin Dios ni Santa María
España | 2015 | 11´ | 16mm

INSTALACIÓNS

Colección húmeda
España | 2021 | Proxección multicanal sobre lámina solar e papel | Producido por TEA (Tenerife)

También aquí los dioses están presentes
España | 2016 | 5’30” | Videoinstalación monocanal | Producido por TEA (Tenerife)

No hay tierra más allá
Portugal | 2018 | 3′ | Proxector de 16mm | Producido por Solar Galeria de Arte Cinemática

PERFORMANCE

Ejercicios de escucha 2
España | 2021 | 20´| 1 proxector de 16mm | Sintetizadores e modulares analóxicos | (S8) Mostra de Cinema Periférico

Ejercicios de escucha
España | 2018 | 20´| 2 proxectores de 16mm | FILMADRID

CURADURÍA

A Imagen y Semejanza
España | 2021 | Material Sensible | Organizado por Mal de Archivo | TEA (Tenerife)

Tras una puerta negra | Aldo Tambellini
España | 2017 | Programa dedicado á obra de Aldo Tambellini (Siracusa, Italia, 1930) e comisariado para a 9ª edición del (S8) Mostra de Cinema Periférico (A Coruña)<

https://labandanegra.net/