O TERMÓMETRO DE GALILEU

O TERMÓMETRO DE GALILEU

Galileo’s thermometer | O termómetro de Galileo

XX Decembro | 16:30h | Teatro Principal

 

Portugal | 2018 | 105’ | Cor

Dirección/Direction: Teresa Villaverde. Guión/Script: Teresa Villaverde. Fotografía/Cinematography: Teresa Villaverde. Montaxe/Editing: Teresa Villaverde. Son/Sound: Teresa Villaverde. Intérpretes/Cast: Tonino De Bernardi, Mariella Navale. Produción/Production:   Teresa Villaverde. Produtora/Production Company: Alce Filmes.

Rodada no Piamonte italiano coa familia do cineasta Tonino De Bernardi. Unha película sobre a transmisión entre xeracións, sobre o seu amor, o seu respecto pola vida e a arte, e o un polo outro.


 

Festivais:

IFFR Rotterdam 2018 – Deep Focus

Jeonju International Film Festival 2018

Lima Independiente International Film Festival 2018   

 

Teresa Villaverde nace en Lisboa en 1966. Nos anos oitenta participa como actriz, coautora e  codirectora no Grupo de Teatro da Escola de Belas Artes de Lisboa e actúa na película À Flor do Mar, de João César Monteiro. Traballa con Paulo Rocha, José Álvaro Morais  e como coguionista con João Canijo en A Filha dá  Mãe. A principios dos noventa comeza a súa actividade como directora, escribindo sempre os guións das súas películas. As súas películas presentáronse en festivais como Cannes, Venecia e Berlín. Programáronse retrospectivas sobre a súa obra en Francia, Italia e España. Colabora coa Universidade de Évora (Portugal) e a  Haute École d’ Art et du Design de Genève (Suíza). Co obxectivo de producir as súas propias películas, crea, en 2010, a produtora Alce Filmes.