O PALMARÉS DA PASADA EDICIÓN DE NOVOS CINEMAS CHEGA AO CGAI

As proxeccións terán lugar ao longo deste mes de outubro.

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas presentará durante o mes de outubro un percorrido polos filmes gañadores da súa última edición.
A primeira sesión contará ca presenza de Ángel Santos que introducirá o ciclo e o filme chinés Suburban Birds, de Qiu Sheng premio á Mellor Película na terceira edición do festival.

As seguintes sesións estarán compostas polos filmes franceses, Un Violent Désir de Bonheur –Mención Especial do Xurado–, e Sophia Antipolis, premio do Xurado Novo.
As datas e horarios son os que seguen:

• 1 de outubro | SUBURBAN BIRDS, de Qiu Sheng | 18h e 20:30h
• 3 de outubro | UN VIOLENT DÉSIR DE BONHEUR, de Clément Schneider | 20:30h
• 10 de outubro | SOPHIA ANTIPOLIS, de Virgil Vernier | 18h

Toda a info na web do CGAI e neste enlace

CATEGORÍAS