Novos Cinemas dedícalle, por primeira vez en España, un foco ao cineasta belga Bas Devos

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra – Novos Cinemas, que se celebrará entre os próximos 10 e 15 de decembro, presenta hoxe ao protagonista do seu foco principal: o director Bas Devos, que estará presente durante o certame para presentar as súas proxeccións e encontrarse co público. O programa de proxeccións adicado a Devos repasará a súa obra completa e constará de tres filmes: Ghost Tropic, que poderá verse por primeira vez en España, e Hellhole e Violet, estreas en Galicia.

Bas Devos naceu en Zoersel, Bélxica, en 1983. Despois de facer catro curtametraxes, completou a súa primeira longametraxe, Violet (2014). A película proxectouse na sección  Generation da Berlinale, onde gañou o Gran Premio do Xurado Internacional Generation 14plus. A súa segunda longametraxe, Hellhole (2019) estreouse en Berlinale Panorama e gañou o premio ao mellor director en Hong Kong. Ghost Tropic (2019) protagonizada por  Saadia Bentaïeb é a súa terceira película.

CATEGORÍAS