Novos Cinemas amosará as primeiras imaxes de Matria, o debut na longametraxe de Álvaro Gago

Novos Cinemas está artellando para a súa sexta edición, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, varias actividades relacionadas co LAB, o espazo de asesoramento e diálogo entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente.

Os proxectos seleccionados para esta edición do Novos Cinemas LAB son Guajes, de Ana Sierra, no que amosará sobre como en pleno boom inmobiliario, o 40% da poboación xuvenil asturiana abandonou os seus estudos de secundaria para traballar e subirse ao tren da vida dos 2000; La adolescencia infinita, de Víctor Soho, onde extraterrestre, milenios despois da extinción da raza humana, tenta reconstruír a súa historia.; Laguna el ministro, de Antonio Llamas e Lucas G. Torralbo (espírituescalera), arredor dun ministro perdeu a fe na política e abandonou o seu cargo sen previo aviso perdéndose na periferia do país que goberna; e Treinta grados de separación, de Paula Pérez López, documental no que, a través de vídeos caseiros rodados durante trinta anos, a cineasta fai unha autopsia entre o divorcio dos seus pais e a súa propia ruptura amorosa.

Os catro proxectos estarán titorizados por a directora, guionista e actriz Elena Martín; Isona Admetla, coordinadora do fondo para a cinematografía Berlinale-World Cinema Fund; o montador Ricardo Saraiva; e o músico e produtor Xavi Font.

Encontros: Álvaro Gago, Ángel Filgueira, Silvia Fuentes, Carlos Martínez Peñalver e Liliana Torres

Nos encontros desta edición Novos Cinemas presentará o último traballo de Álvaro Gago, que amosará en exclusiva imaxes da súa primeira longametraxe, Matria; e tamén se conversará con tres realizadores cuxos proxectos participaron anteriormente no LAB. Ángel Filgueira e Silvia Fuentes falarán polo miúdo e exhibirán por primeira vez en Galicia algunhas imaxes do seu esperado filme, Cando toco un animal. Carlos Martínez-Peñalver compartirá cos asistentes a súa experiencia en terras lusas tras o esperado proceso de postprodución da súa primeira longametraxe, Á procura da estrela. Pola súa parte, Liliana Torres afondará na xénese da súa segunda longamatraxe de ficción, ¿Qúe hicimos mal?, un proxecto rodado en Galicia, Italia e México.

CATEGORÍAS