Novos Cinemas acollerá na súa apertura a estrea en Galicia de ‘A Virxe Roxa’ de Marcos Nine

Novos Cinemas presenta para a súa sexta edición, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, unha proposta de apertura á marxe de modas e correntes e guiadas por unha a radicalidade estética tan singular como recoñecible, como é o de Marcos Nine. Os seu último e esperado traballo, A Virxe Roxa (Recrea Films), en rigorosa estrea en Galicia, estará acompañado pola presenza do cineasta para conversar co público asistente ao festival.

Nerea Barros, María Vázquez e Antonio Durán “Morris” son os encargados de poñer as voces no documental de creación A Virxe Roxa, de Marcos Nine, que poderá verse en exclusiva en Galicia abrindo Novos Cinemas o 14 de decembro despois da súa estrea na Seminci. Nel nárrase a historia de Aurora Rodríguez, que en 1933 mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai, que a criou e educou para que fose a libertadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Marcos Nine (Hannover, 1977) comenzou a súa carreira como guionista en series como Mareas vivas  e Terra de Miranda, e púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige no documental Carcamáns (2003). Desde entón dirixiu os documentais Pensando en soledad (2006), Historia de una parroquia (2007) e El viaje de Leslie (2014, seleccionado na Seminci), e as curtametraxes JEDN (2006), A fábrica (2008), Aarón (2009), Manuscritos pompeianos (2010) e Radiografía de un autor de tebeos (2010), entre outros. A súa primeira longametraxe, La brecha (2012), estreouse no Festival de Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI).

A VIRXE ROXA  
La virgen roja | The Red Virgin
España | 2021 | 93’ | B/N | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Marcos Nine. Guión/Script: Marcos Nine, Rocío González. Montaxe/Editing: Marcos Nine. Música/MusicArturo B. Kress. Son/Sound: Arturo B. Kress. Voces/Voices: Nerea Barros, María Vázquez, Antonio Durán (Morris). Produción/Production: Amalia Mato, Chema Gagino. Produtora/Production Company: Recrea Films.

CATEGORÍAS