Novos Cinemas

Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, é un certame cinematográfico orientado á detección, promoción e difusión do talento emerxente. A liña editorial do festival está consagrada a dar visibilidade, mediante a incorporación de dúas seccións competitivas (Sección Oficial e  Latexos), ás primeiras e segundas longametraxes dos e das cineastas noveis prestando especial atención á vangarda cinematográfica internacional.

Porén, o festival será a culminación dunha programación anual específica; xa que o proxecto tenta abarcar a totalidade do espectro: exhibición, difusión, formación e divulgación, pero tamén interación social, promoción cultural e socioeconómica da cidade de Pontevedra.

A Edición 04 de Novos Cinemas celébrarase do 10  ao 15 de decembro de 2019.