Voluntariado en Novos Cinemas 04: convocatoria aberta

Dende Novos Cinemas, convidamos ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntarios/as da Edición 04 do festival. Se queredes coñecer Novos Cinemas por dentro e vivir o día a día dun festival de cinema, sumádevos ao noso equipo!

Durante seis días, do 10 ao 15 de decembro de 2019, os voluntarios e voluntarias -atendendo ás necesidades do festival- incorporarédesvos á oficina dende o seu inicio; coñeceredes o funcionamento interno do evento; realizaredes tarefas en equipo nas áreas de información, produción, imaxe, convidados, redes sociais e loxística; e tomaredes contacto con realizadores e realizadoras noveis e con diferentes profesionais do medio.

Agardámosvos!

FICHA DE INSCRICIÓN






COMPETENCIAS (sinala as áreas que prefiras):


Adxunta o DNI / NIE ou Pasaporte (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

- O festival poñerase en contacto coas persoas seleccionadas.

ACEPTACIÓN




 

CATEGORÍAS