+NOVOS

Como complemento ás actividades para escolares que teñen lugar durante os días lectivos do festival, na fin de semana os máis cativos poderán participar dun divertido obradoiro de cartelería ou achegarse á proxección dominical dunha das películas de animación máis disparatadas e delicadas da tempada: O malvado raposo feroz e outros contos.