Novísimos: LES CONTES DE LA NUIT

Queremos convidarvos a unha proxección matinal que nos lembre que aínda non deixamos atrás a infancia. En colaboración cunha das institucións cinematográficas máis importantes de Europa, o Institut français – IFcinéma, exhibiremos Les Contes de la nuit (2010), unha película dirixida por un dos máis insignes representantes do cinema de animación galo, o guionista, animador e cineasta Michel Ocelot.

18 DEC.
11.30h.
Teatro de Pontevedra


OS CONTOS DA NOITE
LES CONTES DE LA NUIT
Francia | 2011 | 84′ | Cor |

LOS CUENTOS DE LA NOCHE
TALES OF THE NIGHT

Dirección/Direction: Michel Ocelot. Guión/Script: Michel Ocelot. Animación/Animation: Jean-Claude Charles, Pascal Lemaire, Aude Larmet, Christophe Barnouin. Montaxe/Editing: Patrick Ducruet. Música/Music: Christian Maire. Son/Sound: Stéphane Thiébaut. Intérpretes/Cast: John Dicks, TJ Tarver, Becca Begnaud, Corinne Bordelon, Brooke Keel Bullock, Ernie Schaeffer. Produción/Production: Christophe Rossignon, Philip Boëffard. Produtora/Production Company: Nord-Ouest Films, Studio O, Studiocanal.

Cada noite, unha nena, un neno e un vello atópanse nunha pequena sala de cinema abandonada e chea de marabillas. Os tres amigos inventan historias, buscan información, fan debuxos, disfrázanse e convértense nos heroicos protagonistas dunhas aventuras que teñen lugar nunhas noites máxicas onde todo é posible.

Michel Ocelot (1943, Villefranche-sur-Mer, Francia) é unha das figuras clave no eido da animación contemporánea. Estudiou Artes Decorativas en Ruan, en París e no CalArts, California. Autodidacta, desde os anos 70 concebiu múltiples proxectos para cinema e televisión. Deuse a coñecer con Kirikú y la bruja (1998). Desde entonces dirixiu numerosas películas entre as que destacan dúas secuelas de Kirikú, Azur y Asmar (2016) e Dilili en París (2018), amáis de series televisivas como Dragons et princesses (2010), traballos polos que recibiu múltiples galardóns.