MARÍA (Y LOS DEMÁS)

MARÍA (Y LOS DEMÁS)

María (e os demais) | María (and the Others)

01 Xullo | 23:30h | Praza da Pedreira | Entrada de balde

Presentada por Nely Reguera, directora do filme

España | 2016 | 96’| Cor

Dirección/Direction: Nely Reguera. Guión/Script: Nely Reguera, Eduard Sola, Valentina Viso, Roguer Sogues, Diego Ameixeiras. Fotografía/Cinematography: Aitor Echeverría. Son/Sound: Kevi Aragunde, Nacho Arenas,, Juan J. Gay López, Roi Gil, Diego S. Staub, Miguel Barbosa. Montaxe/Editing: Aina Calleja Música/Music: Nico Casal. Intérpretes/Cast: Bárbara Lennie, José Ángel Egido, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez. Produción/Production:Sergio Frade, Luisa Romeo, Stefan Schmitz, María Zamora.  Produtora/Production Company: Frida Films, Avalon PC.

Desde que morreu a súa nai cando ela tiña quince anos, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e síntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai namora de súpeto da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se derruba.


 

Festivais:
Festival Internacional de Cine de San Sebastián 2016 – Nuev@s Director@s
Festival Internacional de Cine de Busan 2016
Mestre Mateo 2016 – Premio á Mellor Película, Guión e Interpretación feminina


.

Nely Reguera estudou dirección na ESCAC. En 2005 realizou o documental Muxía a ferida, sobre as consecuencias da catástrofe do Prestige, e en 2009 a curtametraxe Pablo, seleccionada e premiada en varios festivais (Alcine, Gijón, Huesca). Desde 2010 colabora co proxecto Cinema en curso. Tamén é docente na ESCAC. María (e os demais) é a súa primeira película.