LUMIÈRES D’ÉTÉ | NATSU NO HIKARI
Luces de verán | Summer Lights
29 Xuño | 19:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
Encontro con Jean-Gabriel Périot, director do filme
Francia | 2016 | 83´ | Cor | DCP
Dirección/Direction: Jean-Gabriel Périot. Guión/Script: Jean-Gabriel Périot, Yoko Harono. Fotografía/Cinematography: Denis Gravoui. Son/Sound: Dana Farzanephour, Ai Miyatake, Laure Arto. Montaxe/Editing: Jean-Gabriel Périot. Música/Music: Xavier Thibault. Intérpretes/Cast: Hiroto Ogi, Akane Tatsukawa, Yuzu Horie, Keiji Izumi, Mamako Yoneyama. Produción/Production: Nicolas Brevière. Produtora/Production Company: Local Films.
Akihiro, un cineasta xaponés que vive en París, volta a Xapón e entrevista a superviventes da hecatombe nuclear para un documental conmemorativo do 70 aniversario da bomba atómica de Hiroshima. Fondamente conmovido polas entrevistas, precisa descansar. Vagando pola cidade coñece a Michiko, unha moza alegre e enigmática.
Festivais:
Festival Internacional de Cinema de San Sebastián 2016 – Nov@s Director@s
Festival Internacional de Cinema de Valdivia 2016
Festival Internacional de Cinema de Hiroshima 2016
.
Jean-Gabriel Périot dirixiu numerosas curtametraxes e desenvolveu o seu propio estilo de montaxe de arquivo combinando o documental, a animación e o experimental. A maioría das súas obras reflexionan sobre a violencia e a historia. O seu traballo foi exhibido e premiado en festivais de todo o mundo. A súa primeira longametraxe, Une jeunesse allemande, tivo unha gran acollida na Berlinale 2015 e foi exhibida e premiada en máis de sesenta festivais internacionais.