DE LOS NOMBRES DE LAS CABRAS

DE LOS NOMBRES DE LAS CABRAS

On the name of the goats | Dos nomes das cabras

14 Decembro | 10.30h | Teatro Principal 

Entradas á venda

España | 2019 | 62’ | Cor, BN | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Silvia Navarro Martín, Miguel G, Morales. Guión/Script: Silvia Navarro Martín, Miguel G, Morales, Ivó Vinuesa. Montaxe/Editing: Ivó VinuesaMúsica/Music: Juan Carlos Blancas. Son/Sound: Juan Carlos Blancas. Produción/Production: Miguel G. Morales. 

 

Inmerso nos mitos coloniais un arqueólogo percorre as últimas casas covas das Illas Canarias interrogando a vellos pastores para atopar os restos dos antigos habitantes deses lugares. A experiencia arqueolóxica vai desvelando o complexo mapa de poder que constrúe o discurso histórico.

 

Festivais:

Indie Lisboa 2019 – Lisboa City Great Prize for Best Film

FICX Gijon International Film Festival – Llendes

Black Canvas CCF 2019 (México9 – Beyond the Canvas

Silvia Navarro é socióloga e artista visual e codirixiu varias curtametraxes con Miguel G. Morais como Esclavos sin ser esclavos ou Juana. A súa obra reflexiona sobre a construción dos discursos de poder dentro do relato historiográfico.

 

Miguel G. Morales traballa na periferia da non-ficción cun forte carácter documental e ensaístico. Tamén realiza videocreacións e colabora con artistas plásticos e escénicos. A súa obra céntrase nos últimos anos na descontextualización de found footage con traballos persoais como “Hombre que hace que duerme” ou historiográficos como “Ángel Caído”.