Levamos ao FIDBA o Novo Cinema Galego

Xa comezou o Festival Internacional de Cine Documental de Buenos Aires e, dende Novos Cinemas, curamos un programa especial para a ocasión que poderá verse entre o 4 e o 11 de setembro. Nel atoparedes pezas de Eloy Enciso, Adrián Canoura, Hugo Amoedo, Eloy Domínguez, Lois Patiño, Oliver Laxe, Tono Mejuto, Jaione Camborda, Xacio Baño, Helena Girón e Samuel Delgado, Sol Mussa, Lucía Vilela, Diana Toucedo e Xurxo Chirro.

Ademais, Ángel Santos, codirector de Novos Cinemas, tamén se atopa participando estes días no FIDBA como membro do xurado da Competición Latinoamericana do festival e como titor do DOC Lab.

Podedes consultar aquí o programa completo de proxeccións: https://www.fidba.com.ar/2019/seccion/novo-cinema-galego/

04/SET | 17:30 | VIKINGLAND, de Xurxo Chirro
04/SET | 17:30 | EUROPA, de Hugo Amoedo

05/SET | 17:45 | NO COW ON THE ICE, de Eloy Domínguez
05/SET | 17:45 | SER E VOLTAR, de Xacio Baño

06/SET | 22:50 | NOITE SEM DISTANCIA, de Lois Patiño
06/SET | 22:50 | ARRAIANOS, de Eloy Enciso

07/SET | 14:30 | PARIS#1, de Oliver Laxe
07/SET | 14:30 | TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

11/SET | 17:15 | CAERÁN LÓSTREGOS DO CEO, de Adrián Canoura
11/SET | 17:15 | QUIASMA, de Tono Mejuto
11/SET | 17:15 | RAPA DAS BESTAS, de Jaione Camborda
11/SET | 17:15 | SIN DIOS NI SANTA MARÍA, de Helena Girón e Samuel Delgado
11/SET | 17:15 | STOCKROOM, de Sol Mussa
11/SET | 17:15 | TOXOS E FLORES, de Lucía Vilela

CATEGORÍAS