Letters to paul morrisey 2018

LETTERS TO PAUL MORRISSEY

Cartas a Paul Morrissey

15 Decembro | 10:30h | Teatro Principal 
 

España | 2018 | 80’ | B/N | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Armand Rovira. Guión/Script: Saida Benzal, Armand Rovira. Fotografía/Cinematography: Edu Biurrun. Montaxe/Editing: Armand Rovira, Daniel Goldar. Son/Sound: Rubén Pérez. Música/Music: Jaime García Soriano, The Youth. Intérpretes/Cast:  Xavi Sáez, Almar G. Sato, María Fajula, Joe Dallesandro, Saida Benzal, Agnès Llobet, Andrea Carballo. Produción/Production: Jorge Vidal Coloma, Mintxo Díaz Pereda. Produtora/Production Company: Dynamite Films, From Outer Space.

Drogas, vampirismo, crises existenciais e melodías doutro tempo marcan as vidas de varios personaxes: un sex symbol do cinema underground, dous amantes malditos, un home buscando a súa salvación, unha actriz sen éxito e unha xaponesa cunha misteriosa enfermidade. Cinco historias, aparentemente independentes, que gardan entre si unha curiosa relación: Paul Morrissey, colaborador da Factory de Andy Warhol.


 

https://vimeo.com/301897511

Festivais:

Festival de Cine Europeo de Sevilla 2018 – Las Nuevas Olas – World Premiere
PÖFF Tallin Black Nights – Rebels With A Cause


.

Na filmografía de Armand Rovira (Barcelona, 1979) destacan as curtametraxes El bufón de Belzebú (1999), La purificación excremental (2002) e ¿Qué será de Baby Grace? (2009). Hoissuru (2017) foi premiada como Mellor Curtametraxe en Sitges 2017. Rovira combina a docencia cinematográfica como a súa faceta de director do Máster Universitario FRAME que se imparte na escola LENS de Madrid. Letters to Paul Morrissey é a súa primeira longametraxe.