LATEXOS

Non queremos deixar de lembralo: Latexos aluméase baixo a invocación de Chris Marker e aquelas imaxes que aceleran o corazón, e quere converterse no espazo idóneo para detectar a eses cineastas que, con asumida pulsión amateur, arríscanse dende a humildade das súas imaxes e sons, a revelar aquelo que verdadeiramente os remove.

Amosando un alto grao de auto consciencia, os cinco filmes que conforman esta sección –todos eles inéditos en Galicia–, promoven diálogos entre eles e cos espectadores que revelan que trama e fondo (e vida e cinema) ás veces fúndense nun todo case indisociable.