#LAB 07 PROXECTOS

ARROYO INVISIBLE

España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film

Dirección/Direction: Delfina Carlota Vázquez
Estado/Current status: Escritura, Desenvolvemento / Writing, Development

Un relato epistolar, a narradora fálalle a unha amiga que marchou sobre os seus soños recorrentes, do descubrimento de estar a vivir nunha cidade chea de arroios invisibles, dun grupo guerrilleiro dos anos 70 que usa os arroios ocultos para facer estalar á ditadura. A procura por atopar a auga que non se ve, atravesar o asfalto e chegar á paisaxe enturba os seus soños e obsesiónaa. Que habita nesas augas escuras? Nun accidente o seu rostro rompe contra o chan. Durante unha tormenta de verán a auga emerxe polos sumidoiros, nun desborde incontrolable.

Delfina Carlota Vázquez (1993, Mendoza, Arxentina) estudou cinema na UNA, Universidad Nacional das Artes, Buenos Aires, e especializouse en documental na BUAP, Puebla, México. A súa curtametraxe Puede una montaña recordar foi gañadora da competencia internacional de It’s all true 2021 e foi exhibido en máis de dez festivais internacionais. Na súa fotografía abocouse á experimentación analóxica, autorretrato e formatos editoriais. Manifesta especial interese pola memoria, a historia, a natureza e o invisible.

NADIE NOS LO DIJO

España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film

Dirección/Direction: Elisa Celda
Producción/Production: Powehi Films
Estado/Current status: Escritura / Writing

Francia e España están practicamente deforestadas debido aos incendios de sexta xeración. Xs novos están obligadxs a cumprir co servizo obrigatorio de formación de brigada forestal.

Elisa Celda (1995, Madrid, España), é cineasta e programadora. Estudou na Elías Querejeta Zine Eskola, San Sebastián, e na ECAM, Madrid. En 2018 participa na fundación do colectivo Lejos lejos para programar e producir. A súa curtametraxe O arrais do mar (2019) obtivo o premio Xeración 2020 de La Casa Encendida, Madrid, e o Premio Arché do Festival Porto/Post/Doc. O seu traballo foi presentado en festivais como IDFA, True/False Film Fest, Documenta Madrid, FID Marseille e Curtocircuito entre outros. En 2021 formou parte de X Films do Festival Punto de Vista. Actualmente desenvolve a súa primeira longametraxe Nadie nos lo dijo e programa no Festival Márgenes.

LAS ZONAS ERÓGENAS

España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film

Dirección/Direction: Carmen Pedrero
Producción/Production: Carmen Pedrero
Estado/Current status: Escritura, Desenvolvemento / Writing, Development

Roberta, con 8 anos, comeza a masturbarse e a sentir curiosidade polos corpos, en especial polo seu propio. Pero un día, Roberta escoita aos seus pais comentar que non é normal que faga iso de maneira habitual nin tan pronto, que deberían levala a terapia. Roberta comeza a sentirse acomplexada con iso. Séntese sucia. Escóndeo. Pensa que é algo malo.

Carmen Pedrero (1996, Madrid, España), termina os seus estudos de dirección cinematográfica na ECAM en xuño de 2021. A súa última curtametraxe, Vientos de primavera, actualmente en fase de distribución, tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary, na sección Future Frames, e a súa estrea nacional no Festival Internacional de Cinema de Huesca, onde obtivo o Premio Danzante á Mellor Opera Prima. Ao terminar na ECAM, Carmen filma Daytona, curtametraxe en postproducción tras o seu paso polo Atlàntida Mallorca Talent Lab 2022, e comeza a preparar a curtametraxe La idea de una isla, seleccionado na residencia francesa WoS Fabrique. Tamén filma a curtametraxe Los días futuros. En setembro de 2022, forma parte do programa New Talents do Festival de San Sebastián.

AS CÁRVACAS

España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film

Dirección/Direction: Sara Traba
Producción/Production: Sara Traba
Estado/Current status: Desenvolvemento/Development

Forastera ten 47 anos, vive en Alemaña, onde naceu. A súa nai, galega, emigrou alí cando era moi nova e non regresou nunca. A súa nai acaba de falecer. Forastera nunca visitou o lugar onde naceu e creceu a súa nai, pero ten imaxes inventadas na súa cabeza. Ela non o sabía, pero a súa nai conservaba un anaco de terra en Galicia. Este bosque é a súa herdanza, o seu derradeiro vínculo coa orixe materna. Sinte a necesidade de coñecer este lugar, polo que decide emprender unha viaxe na súa moto, dende Alemaña a Corrubedo.

Sara Traba (1989, Vigo, España), é licenciada en Historia da Arte pola USC, Universidade de Santiago de Compostela, con estancias en L’Universitá degli studi di Perugia, Italia, Universidade da Habana, Cuba, e a Universidade Complutense de Madrid. Diplomada en Cinematografía en Bande À Part, Escola de Cinema de Barcelona, na especialidade de Dirección e Guión. Coa curtametraxe As vacas de Wisconsin participou en diversos festivais de curtametraxes, como Sitges, Festival Ibérico de Cine de Badajoz, CORTADA ou BOGOSHORTS. A curta foi candidata aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e aos Premis Gaudí de l’Academia do Cinema Catalá. Algúns dos temas que motivan os seus traballos son a relación coa natureza, a súa influencia e reflexo, a identidade e o espazo.