#LAB

NOVOS CINEMAS#LAB ten como obxectivo xerar un área de asesoramento e orientación que favoreza o desenvolvemento dos proxectos de realizadores e realizadoras noveles en calquera fase de desenvolvemento.

O #LAB promove o encontro entre cineastas e axentes cualificados e especialmente sensibeis a proxectos cinematográficos de natureza independente. A finalidade desta interacción é que as obras poidan adaptarse, co maior grao de operatividade e funcionalidade posible, a uns mercados en constante mutación.

 


EDICIÓN 02

 


EDICIÓN 01