#LAB PROXECTOS

EL JARDÍ

España | Segunda longametraxe

Dirección/Direction: Laia Alabart, Laura Rius, Marta
Verheyen.
Produción/Production: Laia Alabart, Laura
Rius, Marta Verheyen.
Estado/Current status: Ideación e escritura.

El Jardí é un tríptico formado por tres contos relacionados a partir do motivo común do xardín: a necesidade de conexión co real en contraposición ao virtual. A través das experiencias vitais dunha parella, unha moza e un neno, exploramos estados de ánimo, sensacións, luces e xestos que se suceden desde verán ata inverno, desde Barcelona ata a Costa Brava e Galicia.

Laia Alabart (Barcelona, 1991), Laura Rius (Barcelona, 1991) e Marta Verheyen (Torroella de Montgrí, 1991) estudaron Comunicación Audiovisual na Universitat Pompeu Fabra, onde desenvolveron xunto a Alba Cros a súa primeira longametraxe Les amigues de l’Àgata (2015). Laura actualmente é estudante de montaxe na Fémis (París).

 

Contacto: laia.alabart@gmail.com
martaverheyen@gmail.com
laurariusaran@gmail.com

YOUNG PROFESSIONALS

Bélxica, Galicia | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Hugo Amoedo
Estado/Current status: Desenvolvemento, escritura.

Maarten é artista, ten 30 anos e vive en Bruxelas. Traballa de camareiro e ten un grupo trash-noise de moito nabo cun directo espectacular. Un día a súa vida cambia: os médicos teñen que facerlle un transplante total de corpo e cabeza. Cunha nova cara e un novo corpo ao que non se afai, debe empezar de novo a súa vida.

Hugo Amoedo naceu en Galicia en 1987. Viviu en Madrid cinco anos, seis meses en Amsterdam, un en Barcelona e habita en Bruxelas desde fai máis dun lustro. Desde entón desenvolve unha «triloxía belga», da que forman parte Camping Wesertal (2013), Europa (2017) e o seu novo proxecto Young Professionals. Tamén traballa como montador e escribe sobre cinema, libros e ideas.

 

Contacto: hugoamoedocanal@gmail.com
cargocollective.com/hugoamoedo/About

SÓS

Galicia | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Nico Mártinez Millán
Produción/Production: OMEN
Estado/Current status: Escritura, desenvolvemento.

No choque do deserto do Namib co océano Atlántico eríxese Walvis Bay. Benjamín, un emigrante galego, prepara por obrigación o regreso a Galicia despois de vinte e cinco anos. Quedou cego e non pode seguir traballando. Benjamín sempre desexara regresar a Galicia, pero agora que se ve obrigado a iso parece que os seus sentimentos cambiaron. SÓS é unha unha historia de desarraigamento e illamento.

Nacido en O Hío (Cangas do Morrazo, Galicia), Nico Martínez estudou Comunicación Audiovisual e o Máster en Documental de Creación na Universitat Pompeu Fabra. Traballou como montador no filme La Distancia de los Nombres (Batabat, 2016) e tamén para o CCCB, TVE ou a UPF.

 

Contacto: nico@omen.cat

LAS GALAXIAS

Arxentina | Segunda longametraxe

Dirección/Direction: Guillerma pico.
Produción/Production: Guillerma pico.
Estado/Current status: Escritura.

Las galaxias explora as historias de tres mulleres de moi diversas orixes que habitan na provincia de La Pampa, e colleita retrincos dos imaxinarios das súas ascendencias italianas, ranqueles e sirias que se mesturan co po, as estrelas, o deserto pampeano e a chaira, tecendo unha película que explora os fíos presentes entre as xeracións, o eco entre os tempos e os relatos.

Guillermina Pico naceu en 1985 en Santa Rosa, La Pampa. As súas curtametraxes de ficción e documental foron exhibidas e premiadas en numerosos festivais nacionais e internacionais. A súa primeira longametraxe Borrá todo lo que dije del amor porque no sabía bien quién era (2016) participa na sección Latexos da presente edición de Novos Cinemas. Vive e traballa en Bos Aires.

 

Contacto: minapico@gmail.com, cargocollective.com/guilerminapico.