#LAB PROXECTOS

LA UNIÓN

España, Colombia | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Cordelia Alegre
Produción: Rara Colectivo
Estado/Current status: Desenvolvemento / Development

Cecilia e Juliana son dúas irmás xemelgas de 18 anos criadas en Barcelona, que viaxan ao lugar onde naceron, Colombia, para coñecer á súa familia paterna. Cecilia ve a viaxe como unha oportunidade para saber máis sobre o seu pai. Juliana necesita atopar un lugar onde ser ela mesma e escapar do proceso de enfermidade polo que está a pasar a súa nai en Barcelona.

Cordelia Alegre (Barcelona, 1991) . Graduada en Comunicación Audiovisual na Universitat Pompeu Fabra dirixindo o proxecto documental La distancia de los nombres. Realiza o Master de Documental da UPF e traballa como asistente de dirección de Neus Ballús. É cofundadora da Asociación Nadir – Audiovisuales y Educación. La Unión, formou parte da Residencia Iberoamericana de Guion de Cali e presentouse no Bogotá Audiovisual Market.

 

Contacto: cordelia.alegre@gmail.com

¿CUÁNDO ATERRIZARÁS?

España | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Pablo García Canga
Estado/Current status: Escritura / Writing

Ada, a vintena, é teleoperadora. Ás veces sae cun mozo que traballa no mesmo sitio, Gaspard. El toca a batería nun grupo de rock afeccionado, mente máis que fala e está namorado de Ada. A irmá de Ada, Nora, apenas sae de casa para ir ao hospital de día e vive como pode coa súa enfermidade mental e as ganas de non querer vivir. Ada ten unha idea: que Gaspard e Nora coñézanse. Trámao e conségueo. Gaspard e Nora falan. Amenten. Inventan. Están ben xuntos. Quizais sexa amor…

Pablo García Canga (Madrid, 1981). Diplomado en dirección de cinema pola Fémis. Director e guionista dalgunhas curtametraxes (La nuit d’avant, De l’amitié, Retrato en dos tiempos, Pissing Territories, Para Julia…). Guionista para outros cineastas (Santos Díaz Antón, Gonzalo García Pelayo, Miguel Ángel Pérez Blanco). Tradutor. Autor de textos sobre cinema en diversas revistas e libros, etc.

 

Contacto: pablogcanga@gmail.com

SERRA DA ESTRELA

España | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Carlos Martínez-Peñalver
Co-guionista/Co-screenwriter: Joel Fontán
Produción: OMEN
Estado/Current status: Escritura / Writing

Xoel deixa a súa cidade para exercer de profesor nunha pequena escola rural de Serra da Estrela. Cando chega, unhas imaxes invádenlle, lembra que xa estivera alí. Mentres tanto, Herminio, un pastor do lugar, perde o seu oficio debido ao espolio que vive a súa comunidade. Unha noite unha estrela fala con el e convídalle a cruzar as montañas para atopar un novo rumbo.

Carlos Martínez-Peñalver Mas (Vigo, 1991). Director, montador e cofundador da produtora Omen. Grao en Comunicación Audiovisual (USC/UPF). Dirixe videoclips na escena underground galega e curtas de ficción. Traballou como axudante de montaxe en películas como Mimosas de Oliver Laxe e actualmente está na fase final da montaxe da longametraxe Alén Mar do cineasta galego Andrés Sanjurjo.

 

Contacto: carlos.penhalver@gmail.com

LOS CUADERNOS DEL PERRO

Arxentina | Primeira longametraxe

Dirección/Direction: Ingrid Pokropek
Produción: Remo Cine
Estado/Current status: Escritura, desenvolvemento / Writing, development

Los cuadernos del perro é un filme que empeza cando un escritor desaparece. Cinco adolescentes –os seus alumnos, os seus discípulos– irrompen sen escrúpulos na casa do profesor, e deciden manter alí, de todos os xeitos e ritualmente, as reunións do seu taller. Os motivos da desaparición do home –ou dunha misteriosa morte– son descoñecidos, polo que os mozos comezan a deseñar teorías, asumir herdanzas e sobre todo a tomar (case sen notalo), a casa do antigo profesor.

Ingrid Pokropek (Buenos Aires, 1994). Estudou na Universidad del Cine (FUC) e actualmente traballa en El Pampero Cine. Dirixiu as curtametraxes Recalculando (2014), Es una ficción de arena (2017) e Shendy Wu: un diario (2019). Produciu a película Las poetas visitan a Juana Bignozzi (2019), dirixida por Laura Citarella e Mercedes Halfon.

 

Contactoingridpokropek@gmail.com