
GUAJES
España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film
Dirección/Direction: Ana Sierra
Producción/Production: Ana Sierra
Estado/Current status: Desenvolvemento/Desarrollo/Development
Guaje é unha palabra exclusiva da lingua asturiana, tamén coñecida como bable, que se utiliza para nomear aos nenos, raparigos ou rapaces que andan polas rúas de calquera pobo ou vila da rexión. Guaje e traballo gardan unha relación etimolóxica. Este vocábulo ten a súa orixe nos albores da minería, utilizábase para catalogar ao traballador máis pequeno, ao neno que desde moi temperá idade malgastaban os seus mellores anos, a súa saúde e a súa vida, na mina. En pleno boom inmobiliario, o 40% da poboación xuvenil asturiana abandonou os seus estudos de secundaria para traballar e subirse ao tren da vida dos 2000.
ANA SIERRA
Ana Sierra (Avilés, 1984) es guionista de ficción, creativa publicitaria y gestora cultural. Productora Ejecutiva en 2017 del Festival de Artes Escénicas en Azoteas: ESZENIT. Tras más de trece años contando historias para marcas, da el salto a la ficción cursando el Máster de Guión del Grupo Mediapro, productora en la que trabaja como guionista. De la mano de Iván Escobar, Express es el primer proyecto de serie en el que ha participado. Su afición por el cine independiente le ha llevado a realizar talleres con los directores Oliver Laxe y Jonás Trueba. Su proyecto de Terror Killer Kelly fue seleccionado por el Laboratorio de Terror del Festival de Cine Fantástico Nox. Es guionista de Ruta Norte, un relato político y documental de la noche química de los años 90, seleccionado en el Laboratorio del Festival de Cine de Xixón.

LA ADOLESCENCIA INFINITA
España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film
Dirección/Direction: Víctor Soho
Producción/Production: Víctor Soho
Estado/Current status: Produción / Producción / Production
Natalia, de 14 anos, é unha moza insegura. Nunca bicou a ningún mozo e séntese desprazada do resto da súa clase. Apenas ten amigues e pasa o seu tempo xogando en liña con xente que descoñece. Natalia, de 102 anos, é unha muller moi segura e moi politizada exiliada en China por pertencer a unha banda terrorista en Galicia. Un extraterrestre, milenios despois da extinción da raza humana, tenta reconstruír a súa historia. Que une estas tres historias? A festa infinita duns mozos que despiden a súa época universitaria.
VÍCTOR SOHO
Víctor Soho (Vigo, 1999) se muda a Madrid para cursar os estudos en Cinema Documental na ECAM, ao mesmo tempo estuda a licenciatura en filosofía pola UNED. Os seus traballos puideron verse en espazos como a Cineteca de Matadero. Un dos seus escritos, Atrapar con las manos el aire, forma parte da antoloxía Árboles frutales da Editorial 16.

LAGUNA EL MINISTRO
España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film
Dirección/Direction: Antonio Llamas e Lucas G. Torralbo (espírituescalera)
Producción/Production: Eva Bodas & Laura Sánchez
Estado/Current status: Desenvolvemento/Desarrollo/Development
Un ministro percorre as silenciosas rúas dun barrio obreiro de bloques de casas colmea. Das xanelas das vivendas comezan a caer aos seus pés algunhas laranxas, un coitelo, libros e unha pedra. Unha choiva de obxectos, algúns perigosos. Acelerando o paso, cóbrese co maletín e chega a unha gran autoestrada, na que nun coche negro oficial está aparcado e un chofer que agarda por el. Continúan a viaxe e hai un rumor que contamina o aire. Un ministro perdeu a fe na política e abandonou o seu cargo sen previo aviso perdéndose na periferia do país que goberna.
Antonio Chamas e Lucas G. Torralbo
Coa finalidade de explorar as posibilidades e os límites da imaxe sonora en movemento, Antonio Chamas (1992, Madrid) e Lucas G. Torralbo (1993, Madrid), fundan colectivo cinematográfico espírituescalera. As súas obras percorreron festivais internacionais (DocLisboa, FICVIÑA, Minsk Listapad ou Riga IFF) e foron exhibidas na Bienal de Venecia 2018 e na Primeira Bienal Feminina de Rabat 2019, así como en MATADERO ou La Fábrica de Armas de Oviedo. Actualmente, atópanse en proceso de postprodución de tres proxectos: Mitología de Barrio; Dulcinea, La Llorona; e Lectura íntegra de La sociedad del espectáctulo en Atenas a la primera. En paralelo, están desenvolvendo a súa primera longametraxe Laguna el ministro.

TREINTA GRADOS DE SEPARACIÓN
España | Primeira longametraxe | Primer largometraje | First feature film
Dirección/Direction: Paula Pérez López
Producción/Production: Buscando productora / Buscando productora / Looking for a production company
Estado/Current status: Montaxe e postprodución / Montaje y postproducción / Edition and postproduction
En 1989, José Luis e Luz María, un novo matrimonio que vive en Galicia e acaba de ter unha filla, divórciase. Trinta anos despois, a súa filla Paula, que vive en Francia desde fai dez anos coa súa noiva Joy, sepárase. A través de vídeos caseiros rodados durante trinta anos, este documental fai unha autopsia a dúas rupturas amorosas separadas no tempo. Os catro personaxes tentan vivir o presente sen deixar atrás o pasado. A través dun diálogo entre estas dúas historias preténdese saber que nos deixa o amor cando este se acaba.
Paula Pérez López
Paula Pérez López (1986) estuda Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela. No 2007 especialízase en Dirección Cinematográfica na CECC (Barcelona). Ao acabar os estudos vaise a Francia, onde crea Koalalumpur, produtora audiovisual na que desenvolve proxectos dos que é realizadora e montadora. Durante sete anos escríbe, dirixe e monta máis de vinte vídeoclips con grupos tan relevantes como Cabadzi, ou a web-serie Se vous n’ aimez pas a montagne, programada no Festival Cinépride e no Festival International du Film de Montagne; así como curtametraxes, concertos e festivais como o Festival Son ou Indigènes. En 2019 instálase en Madrid e iníciase no mundo do documental co proxecto Treinta grados de separación, un documental creativo que narra dúas relacións e dúas rupturas amorosas filmadas nun período de 35 anos.