#lab expertos

MARIANA BARASSI (Arxentina)

Guionista e xestora cultural, especializada en programas de formación e desenvolvemento audiovisual. Reside en Madrid desde fai máis dunha década e leva traballando con e para as principais entidades culturais de España e Latinoamérica na coordinación e construción de espazos de creación e fomento das artes. Responsable, entre outros programas, do Curso de Desarrollo de Proyectos Cinematográficos Iberoamericanos desde a súa creación en 2003; e do Márgenes/Work, un espazo de desenvolvemento e produción para as novas cinematografías do Festival Márgenes, Madrid.

SANTIAGO FILLOL (Arxentina)

Estudou Filosofía e Letras en Arxentina e doutorouse en cinema pola Universidade Pompeu Fabra, na que imparte clases de Dirección Cinematográfica e Literatura. Dirixiu Ich Bin Enric Marco (2009). Foi colaborador de Isaki Lacuesta e Nicolas Klotz. Foi guionista e axudante de dirección de Mimosas (Oliver Laxe, 2016), para quen escribe as súas próximas longametraxes. Foi editor e asesor da editora e distribuidora de cinema, Intermedio. Escribiu sobre cinema e literatura en volumes colectivos como Werner Herzog (Ed. Shangrila, 2015) e Motivos visuales del cine (2016). É autor de Historias de la desaparición (2017).

RAMIRO LEDO (España)

Presidente e socio traballador cofundador de NUMAX, S. Coop. Galega. É responsable do Cinema NUMAX e NUMAX Distribución. O cinema combina a programación en estrea de películas en VO con proxeccións de vangarda e restauracións dixitais de clásicos. NUMAX Distribución é unha distribuidora independente de cinema de autor contemporáneo, entre as súas últimas estreas figuran La idea de un lago, Cavalo Dinheiro ou Mimosas. Forman tamén parte deste proxecto a Libraría NUMAX e o Laboratorio NUMAX. Entre o seus traballos como cineasta destacan os filmes VidaExtra (2013) ou O proceso de Artaud (2010).

NATHALIE TRAFFORD (Reino Unido)

Nathalie descubriu o mundo do cinema traballando como axudante de dirección de arte nos anos oitenta en España. En 1993, escribiu e dirixiu Retour de Normandie, unha curtametraxe que gañou o premio Résistance no festival de Grenoble (Francia) en 1994. En 1995 comezou a súa carreira como produtora en Chile, o seu país de nacemento, con Pasos de Baile, un documental de ficción dirixido por Ricardo Larraín.
En 1996, monta Paraíso Produción Diffusion. Traballa alí como directora da empresa e como produtora executiva de filmes. Adicouse desde o inicio ao descubrimento de novos e talentosos cineastas como Andres Madeira, Camila Guzmán, Bruno Rolland, Jihane Chouaib, a través da produción de longametraxes, curtametraxes e coproducións.