#LAB 07 equipo asesor

ISONA ADMETLLA

Socióloga, xestora cultural, docente, consultora e deseñadora de audiencias. Nada en Barcelona e residente en Berlín, é coordinadora do Fondo para a Cinematografía Berlinale-World Cinema Fund desde o 2009.Como autónoma deseña e imparte seminarios de capacitación e formación a medida sobre financiamento, márketing, distribución, pitching e deseño de audiencias cinematográficas en universidades e outras institucións. Participa regularmente en comités de selección de proxectos como xurado ou conferenciante.É membro do comité de selección do Málaga Festival Fund and Co-Production Event e titora de proxectos. Tamén formou parte do comité de selección do ICAA Junta de Andalucía, FDC o Ventana Sur e é avaliadora experta de Media Single Project e Slate Funding, entre outros. Tamén é EAVE Alumni de Marketing e Distribución e Deseñadora de Audiencias do Torino Film Lab.

ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

A súa primeira longametraxe Non Cow in the Ice estreouse en Visions du Réel 2015 e foi premiada en Toulouse, Filmadrid, Play-Doc, L’Alternativa. En 2017 participou na Berlinale Talents con Hamada -estreada no IDFA 2018-, seleccionada en festivais como FID Marseille, Edinburgh e premiada en Cinéma du Réel, Xixón ou Porto/Post/Doc. En 2020 filma as curtametraxes Distancia de seguridade, sobre a pandemia na súa aldea natal, e Os corpos, seleccionado en IDFA, Clermont-Ferrand, Jeonju ou Bafici. En 2022 estrea o seu primeiro filme de ficción, Rompente -Biznaga de Prata á Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival de Málaga-, candidato aos Premios Goya 2023. Este mesmo ano estrea Al otro lado del mar (2022), filme co-dirixido xunto ao cineasta colombiano Samuel Moreno Álvarez. www.eloydseren.com

ELODIE MELLADO

Formada en Comunicación Audiovisual na Universidade Rovira i Virgili, Tarragona, traballa desde 2012 na plataforma catalá de VoD, Filmin, onde é coordinadora editorial e programadora. Tamén é responsable da sección FilminKIDS. Desde 2020, programa tamén no REC, Festival Internacional de Cinema de Tarragona e en 2022 incorpórase ao equipo do Festival de Cinema de Las Palmas de Gran Canaria na sección Panorama España.

MONTSE TRIOLA

Produtora, performer e directora teatral. Mestrado en Theatre Practice sobre as teorías visuais e performativas do século XX no Rose Bruford College, Reino Unido. En 2003 funda Andergraun Films con Albert Serra, realizador ao que lle produce todos os seus filmes. Triola é produtora executiva das pezas Personalien (MNCARS, Madrid); Roi Soleil (Grand Prix na Competición Internacional FID Marsella, 2018); Singularity (Bienal de Arte de Venecia, 2015) e Los tres cerditos (documenta 13, Kassel, 2012). Produciu o filme de Dane Komljen, Afterwater (2022), estreado na Berlinale, e Premio á Mellor Película na sección Revoluciones Permanentes do Festival de Sevilla 2022. Na actualidade prepara o documental Tardes de soledad, de Albert Serra, e a longametraxe histórica Beatriz, la mujer, do director filipino Lav Díaz.