lab-expertos-05

SERGI MORENO

Licenciado en comunicación audiovisual, graduado no Master de Documental de Creación do IDEC e profesor asociado na UPF. Foi colaborador das produtoras Mallerich Films, Lastor Media. É membro das academias de cinema catalán, español e europeo, e formou parte da Comisión de políticas institucionais de Unión de Cineastas en Catalunya.
Co-fundou da Asociación Cultural Passos Llargs en 2007, debutou na produción executiva como responsable da longametraxe de ficción Caracremada (2010), ópera prima de Luís Galter. Desde entón, produciu largometraxes, cortometraxes e TV-movies. Destaca a súa colaboración con Carlos Marques-Marcet; Lluís Galter; Elena Martín Gimeno; Alba Cros, Laia Alabart, Marta Verheyen e Laura Rius ou Carla Simón entre outros.

PEPE COIRA

É unha das figuras fundamentais do audiovisual galego. Deseñou e implementou o proxecto do CGAI, do que foi director, e foi un dos fundadores da EIS de Coruña, da que tamén foi director e docente. Pescudou na vida do cineasta Antonio Román e traduciu ao galego as Notas sobre o cinematógrafo, de Robert Bresson.
Guionista, director de desenvolvemento e produtor executivo para diversas compañías durante os últimos vinte anos, dedicouse á ficción (Hierro, Luci, As leis de Celavella…) e ao documental (Beiras. Vivir2veces, A Seara, Cos pés na terra…). Vén de gañar o premio María Luz Morales de Ensaio sobre audiovisual galego con Argumentos de películas, un estudo sobre o primeiro manual de guión cinematográfico publicado en España e o seu misterioso autor.

ISONA ADMETLA

Socióloga, xestora cultural, docente, consultora e deseñadora de audiencias. Nada en Barcelona e residente en Berlín, é coordinadora do fondo para a cinematografía Berlinale-World Cinema Fund desde o 2009.
Como autónoma deseña e imparte seminarios de capacitación e formación a medida sobre financiamento, márketing, distribución, pitching e deseño de audiencias cinematográficas en universidades e outras institucións. Participa regularmente en comités de selección de proxectos como xurado ou conferenciante.
É membro do comité de selección do Málaga Festival Fund and Co-Production Event e titora de proxectos. Tamén formou parte do comité de selección do ICAA Junta de Andalucía, FDC o Ventana Sur e é avaliadora experta de Media Single Project e Slate Funding, entre outros.Tamén é EAVE Alumni de Marketing e Distribución e Deseñadora de Audiencias do Torino Film Lab.

SILVIA LOBO

Técnico de Produción de cinema e licenciada en Comunicación Audiovisual pola UCM e Dereito pola UNED. Comezou a súa traxectoria profesional como axudante de produción en Sony Pictures. En 2015 dá o salto á innovación de contidos dixitais en realidade virtual en Future Lighthouse, desenvolvendo máis de 20 proxectos para empresas como RTVE, Movistar+ ou Facebook.
En 2018 entra a formar parte do equipo de produción de Morena Films, traballando con Álvaro Longoria en películas como Campeones e Todos lo saben e en documentais de Carlos Saura e Jose Luís López-Linares, entre outros.
É Responsable de Distribución de Elamedia Estudos: Trinta Lumes, Hamada, Liberté ou Blanco en Blanco son algúns dos títulos nos que traballou. Ademais, é membro de CIMA e Presidenta de Próxima, Asociación de Distribuidores de cinema independente de autor e en versión orixinal.