LA PRINCESA DE FRANCIA

LA PRINCESA DE FRANCIA

A princesa de Francia  | The Princess of France

30 Xuño | 20:30h | CGAI (A Coruña)
Presentada polo director

Arxentina | 2014 | 70′ | Cor

Dirección/Direction: Matías Piñeiro. Guión/Script: Matías Piñeiro. Fotografía/Cinematography: Fernando Lockett. Son/Sound: Daniela Ale, Emilio Iglesias, Mercedes Tennina. Montaxe/Editing: Sebastian Schjaer. Intérpretes/Cast: Julian Larquier Tellarini, Agustina Muñoz, Pablo Sigal, Gabriela Saidón, Romina Paula, María Villar, Elisa Carricajo, Laura Paredes, Julián Tello, Juan Chacón, Alessio Rigo de Righi. Produción/Production: Melanie Schapiro. Produtora/Production company:  Alta Definición Argentina, Trapecio Cine, Universidad del cine.

Víctor regresa a Bos Aires co obxectivo de reconquistar a vida que se viu obrigado a abandonar un ano antes. Á súa volta, trae consigo un traballo para a súa antiga compañía de teatro: realizar unha serie de radioteatro gravando un piloto da última obra na que traballaron xuntos, Traballos de amor perdidos, de William Shakespeare.


 

Premios:

Locarno International Film Festival
Festival de San Sebastián – Horizontes Latinos
Festival Internacional del Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI) – Mejor Película Argentina, Premio SIGNIS


.

Nado en Bos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinaría dirección, guión e historia do cinema. En 2011 trasladouse a Estados Unidos como bolseiro do Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard. Actualmente ensina dirección cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (Nova York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel–co-dirixida co cineasta galego Lois Patiño–, quinta e sexta entregas da súa serie Las Shakespeareadas sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.