LA MUERTE DEL MAESTRO

LA MUERTE DEL MAESTRO

 The Master’s Dead | A morte do mestre

12 Decembro | 12:30h | Teatro Principal 
 

Ecuador, Arxentina | 2018 | 63’ | Cor | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: José María Avilés. Guión/Script: José María Avilés, Felipe Troya.  Fotografía/Cinematography: José María Avilés. Montaxe/Editing: José María Avilés, Sebastián Schjaer. Son/Sound: Martín Scaglia, Felipe Troya. Intérpretes/Cast: Marcos Andrango, Wenceslao Tipán. Produción/Production: Felipe Troya. Produtora/Production Company: Angamarca Cine.

O mestre morreu. Adicado ao coidado do xardín, non sentiu o terremoto que, pouco antes, sacudiu as costas do país. No xardín, oculto e protexido do exterior, esa enerxía desatada chega como un eco. Os días do mestre, pautados pola rutina do seu traballo, comezan a deformarse ante a estrañeza do comportamento da natureza, unha natureza que tras o tremor parece espertar con forzas violentas e ominosas que terminan por superalo.

 


 

Festivais:

FIC Rotterdam 2018  – Bright Future

FIC Sao Paulo 2018  – Novos Directores  

FIC América Latina de Biarritz 2018


.

José María Avilés escribiu e dirixiu as curtametraxes Ricchieri (2013), Conversacións en el Jardín (2014), Gran Premio do Xurado na 30 Edición de Cippolleti e programada no BAFICI, en Biarritz e o EDOC,  e Speed Paradise (2015) exhibida entre outros, no BAFICI e en Fribourg. Actualmente vive en San Sebastián e traballa nos proxectos de longametraxe de ficción El Tesoro e La vida es nuestra na Elías Querejeta Zine Eskola.