La educación sentimental

LA EDUCACIÓN SENTIMENTAL

The Sentimental Education | A educación sentimental

13 Decembro | 12:30h | Teatro Principal 
 

Entradas á venda

España | 2019 | 65’ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Jorge Juárez. Guión/Script: Jorge Juárez, Ana Petrelli, Antonio Sánchez. Fotografía/Cinematography: Jorge Juárez, Ana Petrelli, Alejo Serra, Álvaro Gómez. Montaxe/Editing: Juan Alba, Jorge Juárez. Son/Sound: Jorge Juárez. Produción/Production: Jorge Juárez.

A educación sentimental é unha película melancólica. O director desta película non pode ver un berce sen pensar nunha tumba, pensa que a beleza doe; e por iso dóelle o primeiro amor e non o último. Tamén é unha película cómica, aínda que maldita a graza que ten porque, ademais, é unha película sobre España. Digamos que é a película de autobiografía-ficción dun melancólico cómico que, como case todos os cómicos, fai cinema para soportar a cousa.


Festivais:

FICX 2019 Gijón International Film Festival – Rellumes


Jorge Juárez é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad Complutense de Madrid e diplomado na especialidade de Dirección de Cinema na  ECAM. Dirixiu varias curtametraxes – Los intrusos, Ártico extremo e Cines Luna-, así como numerosos videoclips e comerciais. Traballou como asistente de dirección en películas de Javier Rebollo ou Federico  Veiroj. Na actualidade imparte clases de posta en escena, edición e teoría da imaxe na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid.