JIAO QU DE NIAO

JIAO QU DE NIAO

Suburban Birds | Paxaros do suburbio

15 Decembro | 16:30h | Teatro Principal 

 

China | 2018 | 118’ | Cor | DCP | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Qiu Sheng. Guión/Script: Qui Sheng. Fotografía/Cinematography: Xu Ranjun. Montaxe/Editing: Jin Di, Ching-Song Liao. Música/Music: Xiaohe. Son/Sound: Kun Lou, Duu-Chih Tu, Shu-yao Wu. Intérpretes/Cast: Zihan Gong, Lu Huang, Mason Lee. Produción/Production: Zhaowei Zhang, Chen Jingsu, Patrick Mao Huang. Produtora/Production Company: Chan Films.

Unha área suburbana sofre varios afundimentos de terra. Para investigar as causas, as autoridades envían a un equipo de enxeñeiros, entre os que se atopa  Hao. Tras días de vagabundaxe e investigación transportando o seu pesado equipo, Hao entra nunha escola de primaria e atopa un diario que relata a historia dun neno que se separa dos seus mellores amigos. Mentres a investigación segue o seu curso, Hao descobre que o diario pode conter profecías acerca da súa propia vida.


Festivais:

Festival Internacional de Primeiros Filmes de Xining Premio ao Mellor Filme de Ficción

Locarno 2018 Cineasti del Presente

BFI Festival de Cine de Londres Sección DARE


.

Qiu Sheng naceu en Hangzhou, China. Licenciouse en enxeñería Biomédica en Tsinghua e cursou Belas Artes na especialidade de cinema na Hong Kong Baptist University. Aspirando a descubrir novas formas de facer cinema, os seus traballos, como  Winterstare (2014) e Golfville (2015), gañaron premios no Festival de Cinema Independente de China ou no Premiere Plans d’ Angers entre outros.  Actualmente, Sheng forma parte da Golden Horse Film Academy e do FIRST International Film Festival Training Camp.