Entradas

Venda anticipada online de entradas e abonos en www.ataquilla.com
A venda online para cada sesión pecharase 15 minutos antes do inicio da mesma.

Venda física:
As entradas e abonos poderán mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio de cada sesión. No caso de entradas para os pases gratuítos, tamén se poderán retirar a partir de unha hora antes do inicio de cada sesión no espazo no que se vai desenvolver a proxección.

Prezo abonos: 18€
Prezo especial que inclúe todas as sesións de Sección oficial, Latexos, Foco María Pérez Sanz, Por Primeira ou Última Vez e Espíritu sagrado, o filme de clausura.
As persoas posuidoras dun abono poderán retirar no mesmo días todas as entradas das sesións ás que queiran asistir nesa mesma xornada, no caso de non estar esgotadas. Recomendamos facelo o antes posible cada día do festival para garantir o espazo na sala, que será en cada ocasión nunha localidade numerada. A utilización do abono só será válida para unha entrada por sesión. Os pases gratuitos non forman parte do abono.

Prezo das entradas individuais:
Sección Oficial | Latexos | Foco María Pérez Sanz | Clausura coa proxección de Espíritu sagrado | Por Primeira ou Última Vez: 3€
Apertura coa proxección de A virxe roxa: De balde | Free entry
Aula+Novos | Proxección O Lenzo: De balde | Free entry
Encontros: De balde | Free entry
Obradoiro AULA+NOVOS Arquitectura de Historias: O Espazo co cinema: Previa inscrición | Pre-registration is required.