I TEMPI FELICI VERRANNO PRESTO

I TEMPI FELICI VERRANNO PRESTO

Os bos tempos chegarán pronto | Happy Times Will Come Soon

30 Xuño | 19:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
logo_ataquillaBN
 

Italia | 2016 | 102´| Cor | DCP

Dirección/Direction: Alessandro Comodin. Guión/Script: Alessandro Comodin, Milena Magnani. Fotografía/Cinematography: Tristan Bordmann. Son/Sound: Mirko Guerra, Félix Blume. Montaxe/Editing: João Nicolau, Alessandro Comodin. Intérpretes/Cast: Sabrina Seveycou, Erikas Sizonovas, Luca Bernardi, Marco Giordana. Produción/Production: Paolo Benzi , Thomas Ordonneau, Adriano Bassi. Produtora/Production Company: Okta Film, Shellac Sud, ARTE France Cinéma.

Tommaso e Arturo corren por un bosque afastado. Alí, cazan para comer mentres tentan sobrevivir na natureza virxe. Todo semella tranquilo, mesmo en paz, ata que se escoitan uns disparos… Anos despois, nese bosque hai un problema co lobo. Alí é onde Ariane atopa un estraño buraco no chan. Será ela a muller á que se refiren as lendas do val?


 

Festivais:
Cannes 2016 – Semana da Crítica. Premio Beatrice Sartori
FICUNAM 2016 – Puma de Prata á Mellor Película
Festival Internacional de Cine de Rotterdam – Bright Future


.

Alessandro Comodin graduouse en Cinema polo INSAS de Bruxelas. A súa primeira curtametraxe, Jagdfieber, presentouse na Quincena de Realizadores de Cannes 2009. En 2011 dirixe L’estate di Giacomo, filme co que gaña varios premios internacionais, coma o Leopardo de Ouro do festival de Locarno (Sección Cineasti del Presente). I tempi felici verranno presto é a súa segunda longametraxe.