14 DIC.
19.00h.
Teatro Principal
HUMAN FLOWERS OF FLESH
Alemaña, Francia | 2022 | 106′ | Cor | ESTREA EN GALICIA
Dirección/Direction: Helena Wittmann. Guión/Script: Helena Wittmann. Fotografía/Cinematography: Helena Wittmann. Montaxe/Editing: Helena Wittmann. Son/Sound: Nika Son. Intérpretes/Cast: Angeliki Papoulia, Ferhat Mouhali, Gustavo de Mattos Jahn, Ingo Martens, Mauro Soares, Vladimir Vulevic, Steffen Danek, Nina Villanova, Denis Lavant. Produción/Production: Frank Scheuffele, Karsten Krause, Julia Cöllen. Produtora/Production Company: Fünferfilm, Tita Productions.
Lost & Found Films | Víctor Paz
Gonzar, 15887 O Pino, A Coruña
victor@lostandfoundfilms.com | www.lostandfoundfilms.com
Ida vive nun barco coa súa tripulación de cinco homes. Cando atraca en Marsella, descobre o mundo, segredo e masculino, da Lexión Estranxeira Francesa e decide seguir as súas pegadas a través do Mediterráneo. Mentres Ida e a tripulación navegan desde Córsega cara ao histórico cuartel xeral da Lexión en Alxeria, os límites esvaécense e a vida no mar produce un especial e mutuo entendemento.

Helena Wittmann (1982, Neuss, Alemaña) é unha directora e artista visual residente en Hamburgo. Filmou tres curtametraxes, Wildnis (2013), 21,3ºC (2014) e Ada Kaleh (2018), e presentou a súa ópera prima, Drift (2017), entre outros, nos festivais de Toronto, Biennale de Venecia e New York FF. Desde 2015 traballa como docente e mentora na Academia de Belas Artes de Hamburgo e na Elías Querejeta Zine Eskola de San Sebastián. Human Flowers of Flesh (2022), a súa segunda longametraxe, estreouse no festival de Locarno.


FESTIVALES
Locarno FF 2022. Official Selection
New York FF 2022. Currents
SEFF (Seville) 2022. New Waves