New, Nuovo, Nouvelle!
Entre exclamacións, como moitos dos manifestos do cinema– é o suxerinte título do seminario que José Luis Guerin impartirá nesta edición inaugural de Novos Cinemas.
Partindo da escusa dos novos cines, o cineasta catalán falará dos distintos movementos históricos do cinema, mais tamén dos cineastas que eran case mozos cando comezaron a filmar: Dziga Vertov inicia seus Kino-Nedelia con 21 anos, Chaplin entra na Keystone con 23, os mesmos que ten Eisenstein cando filma Stachka e só un máis que Welles cando emprende Citizen Kane… Garrel chega ao cinema con 16, Akerman con 18. Hai algo irrepetible no modo de encarar o cinema a esas idades que, nas décadas dos 20 e dos 60, coincide ademais co desexo xeral por construír unha nova sociedade, un novo pensamento, un novo cinema.
Casa das Campás.
Do 29 de xuño ao 1 de xullo (15 horas).
9:30-14:30h.
Inscricións ata o luns 27 de xuño.
Ficha de inscrición: Seminario, New, Nuovo, Nouvelle!