Toda fotografía é, ou debe ser, unha pregunta que nos facemos.
Nós partiremos dun tempo presente para situármonos nese espazo propio no que se transformar a Natureza e que ver a nosa cámara obscura. Guiados pola súa luz viaxaremos no tempo alén das orixes do cinematógrafo.
Sir Henry Fox Talbot preguntábase en 1839 na Gaceta Literaria: “Que é a natureza senón un gran terreo de marabillas que superan o noso entendemento?”
Cines IMAX de madrid. Solarigrafía.
Tempo de exposición: 1 agosto a 20 decembro 2014.
Cámara estenopeica de proxección cilíndrica.
Plano focal en orientación Oeste.
Diego López Calvín.

O taller céntrase nos limiares da fotosensibilidade no interior dunha cámara escura. Traballaremos desde o interior dunha cámara escura creada a escala humana.
Nela desenvolveremos algunhas actividades para achegármonos a comprender mellor os fenómenos de propagación da luz, o proceso de formación dunha imaxe e os principios que rexen a fotosensibilidade.
Estudaremos sobre un caso práctico as causas que foron determinantes e animaron ás persoas pioneiras do século XIX a desenvolver e perfeccionar as cámaras escuras, o invento da fotografía e a súa posterior evolución cara á captación de imaxes en movemento.
As persoas participantes coñecerán o sistema de traballo coa solarigrafía. Veremos algúns exemplos e posibilidades de adaptación de cámaras dixitais e/ou analóxicas en dispositivos estenopeicos para a gravación de vídeo.
Impartido por
Diego Calvín e Otto Roca
solarigrafia.com
01 Xullo
Casa das Campás
10.00h. a 14.00 h.
Dirixido a rapaces de 8-12 anos.
Gratuíto previa inscrición (ata o mércores 29):
Enviar e-mail co asunto “Obradoiro +NOVOS ” a info@novoscinemas.com, e cumplimentar a Autorización (Descarga).