FOCO: SUSANA NOBRE

Susana Nobre é unha figura a reivindicar no efervescente panorama do cinema luso contemporáneo. Autora de tres curtametraxes e cinco longametraxes cunha relevante recepción no circuíto de festivais internacionais, a realizadora compartirá con nós a súa concepción do cinema e protagonizará un encontro aberto ao público no que falará da evolución da súa obra e amosará imaxes inéditas da súa última longametraxe, Cidade Rabat. Deste xeito Novos Cinemas presenta o primeiro monográfico dedicado á obra cinematográfica da realizadora, guionista e produtora lisboeta.


Susana Nobre (1974, Lisboa) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Fixo un curso de Realización de Cinema coa colaboración da The London Film School, no ámbito do Programa de Creatividade e Creación Artística da Fundación Calouste Gulbenkian. Pertence á produtora Terratreme desde 2006 donde realizou os filmes No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 dentro de No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode un rosto (2003). O seus filmes exhibironse en numerosos festivais internacionais como a Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), IFFR Rotterdam, Angers, Viennale, Vila do Conde, Montevideo, Rio de Janeiro, etc. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha e Pedro Peralta, entre outros. Actualmente está na fase de posprodución da súa nova longametraxe, Cidade Rabat.