Equipo asesor e proxectos seleccionados: Novos Cinemas #LAB

A cuarta edición de Novos Cinemas – Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 10 e o 15 de decembro, fai hoxe públicos os proxectos que formarán parte do #LAB, o espazo a través do que se promove o desenvolvemento de proxectos cinematográficos internacionais mediante o encontro entre cineastas noveis e profesionais de recoñecida traxectoria e sensibilidade cara a propostas de natureza independente.

Nesta cuarta edición, o equipo asesor estará formado pola consultora, crítica e xornalista de cinema chileno-francesa Pamela Biénzobas; a cineasta e docente Virginia García del Pino; o director e guionista Alfonso Zarauza; e Gemma Vidal, responsable de La Incubadora de The Screen (ECAM).

Este equipo de expertos asesorará as seguintes catro propostas seleccionadas chegadas nesta ocasión de Galicia, España e Arxentina:

 

LA UNIÓN
España, Colombia | Primeira longametraxe
Dirección: Cordelia Alegre
Produción: Rara Colectivo
Estado: Desenvolvemento

¿CUÁNDO ATERRIZARÁS?
España | Primeira longametraxe
Dirección: Pablo García Canga
Estado: Escritura / Procura de apoios.

SERRA DA ESTRELA
España | Primeira longametraxe
Dirección: Carlos Martínez-Peñalver.
Co-guionista/Co-screenwriter: Joel Fontán.
Produción: OMEN
Estado: Escritura

LOS CUADERNOS DEL PERRO
Arxentina | Primeira longametraxe
Dirección: Ingrid Pokropek
Produción: Remo Cine
Estado: Escritura / Desenvolvemento

CATEGORÍAS