Equipo asesor do Novos Cinemas #LAB: Elena Martín, Isona Admetla, Ricardo Saraiva e Xavi Font

O #LAB é o encontro que Novos Cinemas organiza entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A convocatoria para participar estará aberta a cineastas de calquera parte do mundo, a condición de que o proxecto co que se presenten supoña a súa primeira ou segunda película.  A data límite para presentar proxectos será o 30 de setembro e o equipo asesor estará formado por:

Elena Martín: Dacabalo entre o cinema, teatro, actuación e dirección. Júlia ist foi o seu debut como directora (Biznaga de Plata Mellor Dirección, Mellor Película, Movistar+ Mellor Película no Festival de Málaga). Elena dirixiu dous episodios de Vida perfecta de Leticia Dolera (Mellor acutación, Mellor serie en Cannes Series). Actuou en Suc de síndria (Finalista Mellor Curta – EFA), Con el viento e Las amigas de Ágata. Nas Artes Escénicas, Elena é co-fundadora de laboratorio de creación ELSMALSCUTS e o colectivo VVAA. Recentemente, Elena escribiu na serie Veneno de “Los Javis” para Atresmedia.

Isona Admetla: Socióloga, xestora cultural, docente, consultora e deseñadora de audiencias. Nada en Barcelona e residente en Berlín, é coordinadora do fondo para a cinematografía Berlinale-World Cinema Fund desde o 2009. Como autónoma deseña e imparte seminarios de capacitación e formación a medida sobre financiamento, márketing, distribución, pitching e deseño de audiencias cinematográficas en universidades e outras institucións. Participa regularmente en comités de selección de proxectos como xurado ou conferenciante. É membro do comité de selección do Málaga Festival Fund and Co-Production Event e titora de proxectos. Tamén formou parte do comité de selección do ICAA Junta de Andalucía, FDC o Ventana Sur e é avaliadora experta de Media Single Project e Slate Funding, entre outros.Tamén é EAVE Alumni de Marketing e Distribución e Deseñadora de Audiencias do Torino Film Lab.

Ricardo Saraiva: Montador coñecido por O Marinheiro das Montanhas (2021) e Amparo (2021), estreadas no Festival de Cine de Cannes de 2021. Amparo gañou o premio Rising Star na Semaine de Critique. Tamén é montador de Leidi (2014), gañador da Cannes Short Film Palm d’Or, Nardjes A. (2020) de Karim Aïnouz (Berlinale Panorama 2020) e a ópera prima de Emre Kayis Anatolian Leopard (2021) ( TIFF 2021).

Xavi Font: Especialista na composición de música para cinema, televisión e publicidade. Actualmente colabora con numerosas produtoras, a nivel nacional e internacional, como compositor e supervisor musical, implicándose nos proxectos desde a fase inicial estratéxica ata a entrega da produción final. É membro da European Film Academy, Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España e Academia Galega do Audiovisual, onde forma parte da súa directiva.En 2020 foi recoñecido polo seu traballo na aclamada serie Hierro xunto a Elba Fernández e tamén na súa faceta de produtor da multipremiada O que arde de Oliver Laxe, na que tamén aparece como produtor musical e compositor de música adicional.

CATEGORÍAS